A Deputación de León (en castelán e oficialmente: Diputación de León, en leonés: Deputación de Llión) é o órgano institucional propio da provincia de León e ao que corresponden diversas tarefas administrativas e executivas. Engloba a todos os municipios da provincia e entre as súas funcións máis importantes atópase a de dotar de infraestruturas ás localidades da provincia así como ao seu desenvolvemento. A Deputación Provincial ten a súa sede no Palacio dos Guzmanes, situado na Praza de San Marcelo da cidade de León.

O 12 de maio de 2014 foi asasinada a Presidenta da Deputación, Isabel CarrascoMorre a tiros en plena rúa a presidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco, cando se dirixía a un mitin para as Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.

Presidentes

1979-1983: Julio César Rodrigo de Santiago (UCD) 1983-1984: Manuel Cabezas Esteban (PSOE) 1984-1991: Alberto Pérez Ruiz (PSOE) 1991-1995: Agustín Turiel Sandín (PSOE) 1995-2003: José Antonio Diez Diez (PP) 2003-2007: Francisco Javier García-Prieto Gómez (PP) 2007-2014: Isabel Carrasco Lorenzo (PP) 2014: Marcos Martínez Barazón (PP) 2014-2015: Emilio Orejas Orejas (PP) 2015-2019: Juan Martínez Majo (PP) 2019-2023: Eduardo Morán Pacios (PSOE) 2023-act.: Gerardo Álvarez Courel (PSOE)

250px|miniatura|Á dereita o Palacio dos Guzmanes, sede da Deputación.|esquerda

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Leon Categoría:Provincia de León