250px|miniatura|A praia de Bolonia coa duna ao fondo. A duna de Bolonia é unha duna de area de máis de 30 metros de altura situada ao noroeste da enseada de Bolonia, en dirección a punta Camarinal, na costa atlántica da provincia de Cádiz. Está protexido como Monumento Natural por parte da Xunta de Andalucía.
Orixe e estrutura Trátase dunha acumulación de area formada polos ventos dominantes de levante ao chocar frontalmente co final da enseada. A liña de costa da praia de Bolonia ten unha orientación sueste-noroeste e o vento de levante eleva e proxecta unha corrente de area fina que varre a superficie da praia ata chegar ao final da enseada, onde esta corrente choca co peche da enseada, case perpendicular. O final da enseada ten un pequeno substrato de roca, máis visible cara ao oeste, que xunto a vexetación de piñeiro e sotobosque frea a area e provoca a formación da duna, de máis de 30 metros de altura e máis de 200 metros terra dentro, nunha anchura duns 500 metros.
O final da duna é máis ou menos estable, en continua loita entre os piñeiros por crecer e a area por avanzar, pero non avanza continuamente, xa que a altura da duna excede a das árbores e o forte vento leva a area sobrante lonxe da duna.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Información na web da Xunta de Andalucía
Categoría:Accidentes xeográficos de Andalucía Categoría:Tarifa