Santa María de Arcos é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 35 habitantes (vinte mulleres e quince homes), cinco menos ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.

Toponimia O topónimo Arcos podería ter orixe na raíz prerromana *h2erk ("gardar") para referirse a un terreo cercado para o gando.

Patrimonio Igrexa de Santa María de Arcos, de estilo románico do último terzo do século XII, con reformas posteriores. Ten nave rectangular e ábsida máis reducida. A portada ten tres arquivoltas ao exterior con arcos con roeis e gornición de xadrez que se apoian sobre columnas. O tímpano está ornamentado con cruz potenzada e catro arcos lobulados. Os catro capiteis son de follas e entrelazos exceptuando o dereito da arquivolta menor, que ten dez cabezas humanas, dispostas en dúas filas superpostas. Fiestra no testeiro da ábsida con decoración vexetal e moldurada. No interior da nave hai un arco triunfal, composto de dúas arquivoltas de medio punto.

Festas Celebra as súas festas patronais o día da Ascensión.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Arcos

Parroquias de Antas de Ulla

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla

Categoría:Parroquias de Antas de Ulla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María