La Alberca, tamén coñecida como Alberca de las Torres, é unha pedanía do concello de Murcia, na Rexión de Murcia. Atópase a 5 km da cidade.
Contaba en 2015 cunha poboación de 12.233 habitantes e ten unha extensión de 10,27 km². Limita coas pedanías de Aljucer ao norte, El Palmar ao oeste, Santo Ángel ao leste e Baños y Mendigo ao sur.
Atópase xunto a unha contorna privilexiada como é o do Parque Rexional de Carrascoy y El Valle, situado en plenos contrafortes da Cresta del Gallo.
Véxase tamén Ligazóns externas Información na web do concello de Murcia
Alberca