Ciencia pura pode referiese a: A ciencia básica, actividade científica que non ten como obxectivo inmediato unha aplicación concreta, senón a obtención de coñecemento. Oponse ao concepto ciencia aplicada. A relación entre ambas é esencial na retroalimentación da investigación, desenvolvemento e innovación (I+D ou I+D+i) cuxo estudo é obxecto da disciplina denominada ciencia, tecnoloxía e sociedade (CTS). A ciencia entendida como: unha explicación universalmente certa identificábel cunha verdade eterna da natureza (é o concepto mecanicista de ciencia que quedou superado cientificamente coa revolución einsteniana e epistemoloxicamente polo falsacionismo de Popper); unha actividade anxélica allea aos intereses do científico que a realiza ou da sociedade na que xorde (concepto que quedou superado polo concepto de paradigma e a revolución científica de Thomas Kuhn).
Źródło i licencja
Na podstawie: Wikipedia — Ciencia pura · historia autorów.
Tekst: CC BY-SA 4.0.
Informacja o opracowaniu
Usunięto składnię wiki i szablony; dłuższe teksty skrócono.