250px|miniatura|Bloques dialectais do catalán. O catalán occidental (català occidental) ou bloque occidental do catalán é o conxunto de dialectos do catalán falados no oeste de Cataluña (practicamente toda a provincia de Lleida, oeste de Tarragona e Terres de l'Ebre), na Franxa de Aragón, en Andorra e no País Valenciano.

Características xerais A característica máis notable destes dialectos, a diferenza dos do catalán oriental, é a ausencia de neutralización en vogais átonas, é dicir, o paso de ‹a› e ‹e› átonas a [ə] e o de ‹o› átona a [u].

Ademais, as Ē (‹e› longas) e Ǐ (‹i› breves) tónicas do latín pronúncianse [e] "e pechada" (cadena [kaˈðena], alé [aˈle], què [ˈke]) mentres que no catalán oriental é [ɛ] "e aberta" ou [ə] "vogal neutra", nestas palabras. Tamén a vogal átona /e/ pode reducirse a [a] diante de consoantes nasais e sibilantes: enveja [aɱˈvedʒa]/[amˈbeʒɛ], espill [asˈpiʎ], eixugar [ajʃuˈɣa(ɾ)].

Tamén existen outras características fonéticas, gramaticais e léxicas diferenzadoras como: Mantemento do son [w] nos posesivos (meua, teua, seua) A ‹x› inicial ou posconsoántica en [tʃ]. Verbos incoativos en -ix, -ixen, -isca, etc. Certo mantemento da nasal nos plurais de antigos proparoxítonos acabados en -n (hòmens, jóvens). Certa presenza de [j] diante de palatal xorda [ˈkajʃa]/[ˈkaʲʃa] no dígrafo -ix-. Diferenciación do dubitativo en -a, perdida no catalán oriental, por exemplo: voler=vullga, tenir=tinga, venir=vinga. Vocabulario específico: Granera por escombra Xiquet por nen Espill por mirall Palometa/paloma por papallona Corder por xai Melic por llombrígol Pigota por verola

Dialectos Forman parte do bloque occidental os seguintes dialectos:

BLOQUE OCCIDENTAL Catalán noroccidental Pallarés (da comarca do Pallars) Ribagorzano (da comarca da Ribagorça) Benasqués (fala de transición ao aragonés) Ilerdense (de Lleida) Valenciano de transición ou Tortosino Valenciano Castellonenco (do sur da prov. de Castelló) Apitxat ou central Meridional Alacantino 320px|Variedades dialectais do catalán

Bibliografía Badia i Margarit, A.M. (1984). Biblioteca d'Estudis i Investigacions, ed. Gramàtica Històrica Catalana (en catalán). ISBN 84-7502-111-5. Veny, Joan (2002) [Primeira edición 1982]. «Síntesi de dialectologia». Els parlars catalans (en catalán) (13ª edición). Palma de Mallorca: editorial Moll. ISBN 84-273-1038-2.

Categoría:Dialectos do catalán