A praia da Concha é un pequeno areal da cidade de Santander, en Cantabria, que se atopa situado entre outras dúas praias: a primeira praia do Sardinero e a praia do Camello. Salvo cando a marea está moi alta, case sempre é unha praia que está unida á do Sardinero. Con marea baixa tamén se pode pasar desde ela á praia do Camello, aínda que os dous areais están separados por unha zona de rocas.
É unha praia moi familiar e normalmente frecuentada por aldeáns, pois non é tan coñecida como outras grandes praias de Santander polos turistas. Na parte dereita da praia hai un illote que se une ao areal cando baixa a marea e que é un lugar moi recomendable para o baño e o mergullo nos pozos que se forman ao redor del.
Véxase tamén Ligazóns externas Información na web de Turismo de Cantabria
Concha