Arabidopsis suecica é unha especie de plantas nativa do norte de Europa, que se orixinou por hibridación das especies Arabidopsis thaliana e Arabidopsis arenosa.Dyntaxa Arabidopsis suecica
Descrición É unha planta de 14 a 40 cm de altura de flores actinomorfas de 4 pétalos brancos coa base amarela e sépalos amarelos, que dan froitos con forma de vaíña longa. As follas son alternas case sen pecíolo no talo, e na base ten follas en roseta pecioladas, que sobreviven ao inverno. Crece sobre todo en afloramentos rochosos e patios.NatureGate Arabidopsis suecica
Xenética A. suecica é un alopoliploide de 26 cromosomas (2n=26) que comprede dous conxuntos de cromosomas procedentes das plantas que a orixinaron por hibridación, que son 10 cromosomas da especie diploide A. thaliana (2n=2x=10) e 16 da especie tetraploide A. arenosa (2n=4x=32, tamén chamada Cardaminopsis arenosa). A orixe parental dos cromosomas de A. suecica demostrouse por secuenciación de ADN e hidridación in situ. Estudando loci microsatélites nucleares estimouse que a especie se creou por hibridación hai pouco tempo, entre 13.000 e 300.000 anos, seguramente máis ao sur que as zonas do norte de Escandinavia onde pode vivir, e despois colonizou o norte cando se retiraron os xeos da glaciación.Mattias Jakobsson, Jenny Hagenblad, Simon Tavaré, Torbjörn Säll, Christer Halldén, Christina Lind-Halldén e Magnus Nordborg. A Unique Recent Origin of the Allotetraploid Species Arabidopsis suecica: Evidence from Nuclear DNA Markers. (marzo de 2006) Oxford Journals. Molecular Biology and Evolution.
Comprobouse o nivel de variacións xenéticas nesta planta e nas súas plantas parentais e o menor nivel dáse en A. suecica e o maior en A. arenosa, mentres que A. thaliana ten valores intermedios. A suecica só tiña 16 fenotipos no polimorfismo estudado e a maioría da variación producíase entre poboacións, polo que se cre que é autógama na natureza.Lind-Halldén C., Halldén C., Säll T. Genetic variation in Arabidopsis suecica and its parental species A. arenosa and A. thaliana. Hereditas. 2002;136(1):45-50. PMID 12184488
Notas
Categoría:Arabidopsis