Café Tacvba, tamén coñecido como Café Tacuba, é un grupo musical de rock alternativo, orixinario de Cidade de México. O grupo formouse en 1989.http://www.lastfm.es/music/Caf%C3%A9+Tacvba/+wiki Dende entón gañaron un Grammy e un Grammy Latino e considérase unha das mellores bandas de rock de Hispanoamérica. O grupo está composto por Rubén Isaac Albarrán Ortega (voz principal e guitarra rítmica), Emmanuel del Real Díaz (teclados e coros), José Alfredo Rangel Arroyo (guitarra) e Enrique Rangel Arroyo (baixo e contrabaixo). Se ben o cantante principal é Rubén, os catro integrantes da banda prestaron a súa voz nas producións.
Discografía 1992 - Café Tacvba 1994 - Re 1996 - Avalancha de éxitos 1999 - Revés/Yo Soy 2003 - Cuatro Caminos 2007 - Sino 2012 - El Objeto Antes Llamado Disco
Recompilatorios 1995 - MTV Unplugged (gravado en 1995 e lanzado en 2005) 2001 - Tiempo Transcurrido (álbum recompilatorio). 2002 - Vale Callampa (EP) 2005 - Un Viaje
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais formados en 1989 Categoría:Grupos musicais de México