Josefina Martínez Álvarez, nada en San Cloyo (Oviedo) o 11 de abril 1937, é unha filóloga asturiana, membro fundadora da Academia de la Llingua Asturiana, catedrática de lingua española, e membro de número permanente do Real Institutu de Estuios Asturianos (RIDEA), e presidente da súa Comisión segunda (Historia, Xeografía, Antropoloxía, Folclore e Etnografía).

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Oviedo en 1960, doutorouse en 1967 coa tese Bable y castellano en el concejo de Oviedo, polo que recibiu o Premio José Fernández. Desde 1983 é catedrática de lingua española na Universidade de Oviedo Polas súas monografías sobre a fala de Oviedo, está considerada unha das maiores expertas no dialecto da capital asturiana. Non obstante a finais da década de 1980 deixou de realizar actividade investigadora no campo da lingua asturiana. Centrando desde entón o seu labor en estudos sobre a lingua e a literatura españolas e no seo de asociacións como a Sociedad Española de Lingüística e da Asociación Internacional de Historia de la Lengua Española. É a viúva do lingüista Emilio Alarcos Llorach, e directora da Cátedra Emilio Alarcos Llorach, e desde decembro de 2015 académica correspondente da RAE. . Tamén é membro da Xunta Asesora de Toponima do Principado de Asturias.

Notas

Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Lingua asturiana Categoría:Nados en 1937 Categoría:Académicos correspondentes da Real Academia Española Categoría:Membros de número da Academia de la Llingua Asturiana