Agios Efstratios ou San Eustaquio () é unha pequena illa grega no norte de mar Exeo a 30 km ao suroeste de Lemnos e 80 km ao noroeste de Lesbos. Xunto con Lemnos e os illotes próximos forma a unidade rexional de Lemnos, parte dos arquipélagos gregos da rexión do Exeo Setentrional.
Nome A illa leva o nome de San Eustaquio (Όσιος Ευστράτιος ο Θαυματουργός), que viviu como exiliado na illa no século IX, porque se opoñía ás políticas iconoclastas do emperador bizantino León V o Armenio. A súa tumba aínda é mostrada polos habitantes. A illa é mencionada no Isolario por Cristoforo Buondelmonti en 1420 como Sanstrati. foi coñecida como "Bozbaba" durante o dominio otomán.
Xeografía Agios Efstratios é tranquila, illada e seca, cunha poboación aproximada de 300 persoas. O clima é árido, con escasas precipitacións durante os meses de inverno e veráns longos e calorosos. A paisaxe é principalmente rochosa, con vexetación escasa e baixa. Os cultivos son insignificantes; o mar circundante, con todo, é rico en peixes que son capturados polos pescadores locais. Hai numerosas praias na illa, como Agios Antonio, Lemonies, Avlakia e outras, á maioría das cales se accede por barco. A illa Agios Efstratios está conectada por barco con Lemnos, Agios Konstantinos, Kymi e Kavala.
Historia política recente A illa foi utilizada para albergar preso políticos en exilio interno polo Réxime Metaxas na década de 1930. O 19 de febreiro de 1968, un terremoto (7´1 na escala de Richter) derribou a maioría das casas,Επίτομο Γεωγραφικό Λεξικό της Ελλάδος (Geographical Dictionary of Greece), Μιχαήλ Σταματελάτος, Φωτεινή Βάμβα-Σταματελάτου, εκδ. Ερμής, ΑΘήνα 2001 que foron dubstituídas por construcións prefabricadas de formigón dispostos nunha formación similar a un campamento militar. No entanto, a illa conserva unha capital moi atractiva, tamén chamada Agios Efstratios, preservada ao mesmo tempo un ambiente mediterráneo nun lugar virxe, con praias de augas cristalinas. É sobre todo un lugar para a relaxación e a meditación. Durante a Ditadura dos Coroneis, a illa foi utilizada de novo como unha prisión para os disidentes políticos. Un dos seus máis famosos prisioneiros foi Mikis Theodorakis, activista político e compositor musical.
Primeira illa verde de Grecia Athens News Agency informou que, o 4 de xuño de 2009, na conferencia internacional de dous días en Atenas sobre o "Cambio climático e Desafíos para as xeracións futuras",baixo o patrocinio da UNESCO, o ministro de Desenvolvemento de Grecia Kostis Hatzidakis dixo que Agios Efstratios pronto se convertería na primeira illa "verde" do país, totalmente impulsada por fontes de enerxía renovable (FER),.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Outras illas gregas
Ligazóns externas
Documentary about Agios Efstratios Ship Routes to Agios Efstratios Municipality of Agios Efstratios Official Page - Δήμος Αγίου Ευστρατίου Επίσημη Ιστοσελίδα Agios Efstratios Sea Pilot
Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia