O wéber (símbolo Wb) é a unidade do fluxo magnético no Sistema Internacional de Unidades equivalente ao fluxo magnético que ao atravesar un circuíto dunha soa espira produce na mesma unha forza electromotriz de 1 voltio se se anula dito fluxo en 1 segundo por decrecemento uniforme. O nome desta unidade deuse na honra do físico alemán Wilhelm Eduard Weber.
1 Wb = 1 V·s = 1 T·m2 = 1 m2·kg·s−2·A−1.
O seu equivalente no Sistema Ceguesimal de Unidades (CGS) é o máxwell. 1 máxwell = 10−8 Wb.
Múltiplos do SI A continuación dáse unha táboa cos múltiplos e submúltiplos no Sistema Internacional de Unidades:
Múltiplo Nome Símbolo Submúltiplo Nome Símbolo100 wébers 101 decawéberdaWb10−1 deciwéberdWb102 hectowéber hWb10−2 centiwéber cWb103 quilowéberkWb10−3 miliwéber mWb106 megawéberMWb10−6 microwéber µWb109 xigawéberGWb10−9 nanowébernWb1012 terawéberTWb10−12 picowéberpWb1015 petawéberPWb10−15 femtowéberfWb1018 exawéberEWb10−18 attowéberaWb1021 zettawéber ZWb10−21 zeptowéber zWb1024yottawéberYWb10−24 yoctowéber yWb
Véxase tamén
Categoría:Unidades de medida Categoría:Electromagnetismo