José Benito Suárez Costa, nado en Pontevedra o 8 de marzo de 1955, é un capitán da Mariña mercante, enxeñeiro industrial, profesor universitario e político galego. Desde 2009 é presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.
Traxectoria No ámbito da actividade política ocupou diferentes responsabilidades tanto a nivel local como autonómico. Entre os anos 1995 a 1999 foi tenente de alcalde en Pontevedra encargado inicialmente da área de Policía e Seguridade e concellerio encargado das parroquias, para pasar a dirixir a de Medio Rural tras a integración no goberno de Juan Luis Pedrosa de Eladio Portela, concelleiro de Pontevedra Unida. En xuño do 2000 foi nomeado polo presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, Director Xeral de Interior e Protección Civil, da Consellería de Xustiza e Interior, desde onde tivo que ocuparse coa crise do Prestige, de 2002. No verán do ano 2005 foi cesado neste cargo polo goberno bipartito PSG-BNG.
Dous anos despois, nas eleccións municipais de 2007 volveu como concelleiro da oposición no equipo do candidato do PPdG, Telmo Martín. Porén, o nomeamento de Suárez Costa como presidente da Autoridade Portuaria do porto de Marín implicou a reestruturación do grupo do PP en Pontevedra, xa que non podía compatibilizar ambos os cargos, o de edil e o portuario, e a súa marcha do concello daría entrada a Miguel Ángel Meijón, número catorce da lista do PP. Vida persoal
É o esposo de Ana Pastor, coa que casou en Zamora nos anos 1980.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Porto de Marín .
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1955 Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes