A praia de Areeta (en castelán: Las Arenas) é unha praia urbana do concello de Getxo, en Biscaia. É un pequeno areal situado no barrio de Areeta, xunto ao porto deportivo. Hai un paseo marítimo que rodea a praia e chega ata Algorta.
É a primeira praia da marxe dereita da ría de Bilbao. Despois de moitos anos nos que estaba prohibido o baño pola contaminación das súas augas, a mellora da súa calidade permitiu que actualmente sexa apta para bañarse.
Véxase tamén Ligazóns externas
Información na web de Turismo de Euskadi
Areeta