San Brais é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello pontevedrés de Gondomar, na Comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 27 habitantes (14 homes e 13 mulleres).
Descrición San Brais é unha entidade de poboación de Mañufe situada nas abas do Outeiro do Pico Sacro ou Outeiro do Concello, cun total de 14 vivendas construídas. Fai estremas ao sur, coas terras do Barco, ao sueste con Seidóns e ao leste e suroeste o lugar da Costa. Os norte cos barrios de Cristillóns e Piquetes, e cara levante con Seidóns novamente.
As súas terras formaron parte do couto de Moldes, cuxa casa principal segue en pé como a maior peza patrimonial do lugar.
Maioritariamente este territorio está ocupado por casas residencias e algunhas terras de labor destinadas a hortas familiares.
Patrimonio Pazo de Moldes e capela de San Brais
O Pazo de Moldes, tamén coñecido como Casa Forte de Moldes ou Pousa de San Blas é un antigo couto sobre o que foi edificada unha casa grande galega arredor do século XIV. Canda ela, unha capela baixo advocación de San Brais, sede dunha romaxe tradicionais da parroquia de Mañufe. No século XXI, inda que con algunha reforma no exterior, mantén en boa conservación as súas estruturas, sendo utilizada como vivenda familiar.
Lugares e parroquias Lugares de Mañufe
Parroquias de Gondomar
Notas
Categoría:Lugares de Gondomar Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Mañufe, Gondomar