O Gran Hotel da Toxa é un hotel-balneario situado na illa da Toxa, no concello do Grove. Foi inaugurado en 1907 e reformado en 1945. É un hotel de luxo.
Historia Os pescadores locais da ría de Arousa decatáranse das augas mornas da illa e camiñaban polas augas medicinais notando na pel as súas calidades. Emilia Pardo Bazán, en 1911, conta a lenda de que tempo despois se abandonou na illa un burro con úlceras e tiña, e tras uns meses o seu dono atopouno san e saltando. O burro bañárase na lama e desapareceran as feridas. A historia axudou á creación do Gran Hotel na Toxa. A explotación turística comezou arredor de 1840.
miniatura|300px|esquerda|Vista actual do Gran Hotel
O hotel inaugurouse en 1907, baseado nos balnearios desa época como o de Marienbad en Alemaña (hoxe na República Checa). Construíronse dous pavillóns, un para os cuartos e outro para o casino, conectados por unha galería, deseñados polo arquitecto Daniel Vázquez-Gulías.Hotusa explotará el Gran Hotel de La Toja y el Hotel Balneario A decoración interior tiña frescos nos salóns e escaleiras. O hotel acadou sona entre as clases altas de Galicia e mesmo entre a corte de Madrid.
En 1945 foron derrubadas as torres e reformouse o edificio case totalmente. Consérvase a escaleira e as xanelas teñen reminiscencias dos tempos anteriores. Os cuartos foron renovados, mais hai mobles antigos. Desa época tamén existen columnas, mais o resto é novo.Gran hotel La Toja.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Balnearios de Galicia Ligazóns externas Balneario La Toja
Categoría:O Grove Toxa