miniatura|Arcos formeiros da igrexa do mosteiro de Santa María la Real de Sacramenia, Segovia. O arco formeiro é un elemento arquitectónico curvo (arco), que discorre paralelo ao eixe lonxitudinal da nave; a súa función é soster os muros superiores de separación entre as naves dunha estrutura. Se o edificio é dunha soa nave, os arcos formeiros irán encaixados no muro, é dicir, serán arcada cega. Os arcos formeiros van de piar en piar coincidindo cos tramos da bóveda.

Véxase tamén Arco

Notas

Formeiro