Micaela Navarro Garzón, nada en Andújar (provincia de Xaén) o 29 de agosto de 1956, é unha política socialista andaluza, presidenta do PSOE desde xullo de 2014 e vicepresidenta segunda do Congreso de Deputados desde o 13 de xaneiro de 2016.
Foi Conselleira de Igualdade e Benestar Social da Xunta de Andalucía (2004-2012), concelleira no Concello de Andújar (1991-1996), senadora pola Provincia de Xaén (1996-2000) e deputada Congreso dos Deputados por Xaén (2000-2004).
Traxectoria esquerda|miniatura|Fotografía de Micaela Navarro A finais da década de 1980, Micaela Navarro comezou a súa actividade política dentro dos movementos veciñais do seu barrio, Porta de Madrid. Pasado un tempo comezou a participar en política dentro das siglas do PSOE de Andújar. En 1991 entrou como concelleira no seu municipio, onde ocupou a Concellaría da Muller e Servizos Sociais. En 1994 foi elixida membro da executiva provincial do PSOE de Xaén, repetindo en 1997.
Na lexislatura 1996-2000 converteuse en senadora electa por Xaén, período no que exerceu a portavocía da Comisión Mixta dos Dereitos da Muller.Ficha de Micaela Navarro, en la web del Senado Así mesmo, formou parte como vogal de distintas comisións do Senado, como a Comisión de Xustiza, a Comisión de Sanidade e Asuntos Sociais e a Comisión de Traballo e Seguridade Social.
Dentro da Comisión Executiva Federal do PSOE, Micaela Navarro estivo á fronte da Secretaría de Participación da Muller (1997-2000) e da Secretaría de Igualdade (2000-2004).
No 2000 foi elixida deputada por Xaén, ocupándose da portavocía da Comisión Mixta dos Dereitos da Muller. Esta comisión encargouse nesa lexislatura da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
Nas Eleccións xerais de España de 2004 encabezou a lista do PSOE pola circunscrición de Xaén. Ao pouco de ser electa ten que deixar o Congreso dos Deputados ao ser nomeada polo presidente da Xunta de Andalucía, Manuel Chaves, conselleira para a Igualdade e Benestar Social.
En 2008, foi elixida parlamentaria autonómica por Xaén, e nomeada para desempeñar a mesma Consellería durante a VII Lexislatura.VII Legislatura Composición del Gobierno Andaluz, 2008- 2012 ver doc
No Congreso Extraordinario Federal do PSOE, que se celebrou entre o 26 e 27 de xullo de 2014, foi designada Presidenta do PSOE.
En 2015 encabezou a lista do PSOE por Xaén ás eleccións xerais, foi elixida deputada e vicepresidenta do Congreso.
Obra (participación en obras colectivas) "Las políticas de igualdad", en Mujeres: igualdad y libertad: un homenaje a Enriqueta Chicano / coord. por Cruz Sánchez de Lara Sorzano, 2007. ISBN 978-84-470-2835-1, paxs. 35-44. "Por un mundo compartido", en Globalización y mujer / coord. por María Dolors Renau i Manén; 2002. ISBN 978-84-95886-04-9, paxs. 1-6 "El nuevo papel de las mujeres como eje de las políticas de bienestar", en Estado de bienestar y socialdemocracia: ideas para el debate, Tomás Fernández García (dir.), Manuel Marín Sánchez (dir.), 2002. ISBN 978-84-206-4466-8, paxs. 279-290. "Bilbao: Mujer y sindicato" Micaela Navarro Garzón, Inés Alberdi Alonso e Txaro Arteaga Ansa, en El futuro, la sociedad, el sindicato: jornadas de debate, 1998, ISBN 978-84-95071-02-9, paxs. 9-56. "Globalización y mujer". Coord. por María Dolors Renau i Manén, Fundación Pablo Iglesias, 2002. ISBN 978-84-95886-04-9 "Las mujeres en la construcción del mundo contemporáneo". Editado pola Deputación Provincial de Cuenca. Ano 2002. ISBN 978-84-96025-07-1
Vida persoal É nai de dúas fillas.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Andújar Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Senadores de España polo PSOE