miniatura|Bosquexo esquemático do Teatro de Dioniso en Atenas. miniatura|As diazomatas, corredores que separan os diferentes niveis nas bancadas, son claramente visibles no Teatro romano de Cartaxena.
Unha diazomata, palabra orixinaria do grego (διάζωμα) e que se emprega tamén no latín diazoma, é un espazo alongado que separa unha sección das bancadas doutra, tanto no teatro como nos anfiteatros e circos. Normalmente era única coma no Teatro de Epidauro pero, ás veces, eran dúas coma no Teatro de Dioniso en Atenas.
No teatro romano pasan a denominarse como praecinctio mais o arquitecto romano Marco Vitruvio empregaba, porén, dita palabra para designar o elemento que divide a orchestra da escena.
Notas
Categoría:Elementos arquitectónicos da Roma Antiga Categoría:Elementos arquitectónicos da Grecia Antiga