O masacre de Nanjing, tamén coñecida como a violación de Nanjing, foi un episodio durante a segunda guerra sino-xaponesa de asasinatos en masa e violacións levado a cabo polas tropas xaponesas contra a poboación de Nanjing, daquela capital da República da China. O masacre ocorreu durante seis semanas que comezaron o 13 de decembro de 1937, o día no que os xaponeses capturaron Nanjing. Durante este período, os soldados do Exército Imperial Xaponés asasinaron civís chineses desarmados, en cantidades que roldan dende as 40 000 até as 300 000 persoas,Levene, Mark and Roberts, Penny. The Massacre in History. 1999, páxina 223–224Totten, Samuel. Dictionary of Genocide. 2008, 298–299. e levaron a cabo violacións e saqueos masivos.Iris Chang, The Rape of Nanking, p. 6.

Notas

Categoría:Historia da China Categoría:Historia do Xapón