Antípsara () é unha pequena illa grega no mar Exeo. Antípsara tiña 4 habitantes segundo o censo de 2011. Atópase a uns 3 km ao oeste da illa máis grande de Psara, a partir da cal derívase o seu nome. As condicións xeográficas fan que sexa inaccesible desde o norte e o oeste. Existen evidencias da existencia de asentamentos nos tempos dos antigos gregos e romanos. Durante o dominio otomán a illa serviu como porto. Hoxe en día, realízanse viaxes turísticas desde a illa de Psara durante os meses de verán. A pequena igrexa de San Xoán (Άγιος Ιωάννης) no lado oriental é visitado en agosto polos peregrinos.

A illa é un sitio de anidación do Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), Falcón da raíña (Falco eleonorae), pardela atlántica (Calonectris diomedea), e o pardela mediterránea (Puffinus yelkouan).

Véxase tamén

Outros artigos Lista de illas de Grecia

Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia