Samiopoula () é un illote grego situado no sur da illa de Samos a unha distancia de 850 metros. Atópase baixo a autoridade da unidade rexional de Samos e a xurisdición local da unidade municipal de Pythagoreio. O censo de 2011 rexistraba unha poboación de catro habitantes. O nome Samiopoula é un derivado de Samos (en grego Σάμος) e literalmente significa "pequena Samos".

Xeografía As medida do illote son aproximadamente 1´5 km de largo e 0´7 km de longo. Hai poucos edificios en Samiopoula, principalmente as pequenas igrexas parroquiais de Agia Pelagia (en grego Αγία Πελαγία) e de Ascensión de Cristo (en grego: Αναλήψεως του Σωτήρος), unha pequena taberna e algunhas pequenas casas e refuxios. Os servizos de electricidade e teléfono proporciónanse a través de cables submarinos desde a veciña Samos. Sistemas fotovoltaicos proporcionan unha certa enerxía eléctrica alternativa. Hai varias cisternas na illa e a auga de choiva consérvase de todo o inverno. A maior parte do terreo é rochoso, con moi poucas árbores e varias especies de salvaxes matogueiras, arbustos e flores silvestres. As Cabras silvestres superan por moito en número aos poucos habitantes, incluso cando os visitantes e turistas toman a pequena illa durante a tempada de verán. O illote é facilmente accesible durante a tempada turística a través de excursións diarias desde os portos de Pythagoreio e Ormos Marathokampou. A única praia da illa, psalida (en grego Ψαλίδα), é bastante pequena e está moi concorrida durante a tempada alta de verán, aínda que o único que ofrece son fermosas areas brancas e augas cor turquesa. O veleiros normalmente achéganse ao illote a través da pequena baía de Katsakas (en grego Κατσακάς), que está protexida polos ventos do noroeste que prevalecen na zona.

Véxase tamén

Outros artigos Lista de illas de Grecia

Ligazóns externas Map of Samos Showing Samiopoula Choiseul Gouffier,"Voyage pittoresque de la Grece, 1782, vol I" Official website of Municipality of Pythagoreio

Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia