A AC-840 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Betanzos e A Pontenova (Santiso); atravesa os concellos de Betanzos, Oza Cesuras, Curtis, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Melide e Santiso. Ten unha lonxitude de 58,77 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-542 en Betanzos e finaliza nun cruzamento coa PO-840 na Pontenova (Santiso) co límite provincial da Coruña e Pontevedra.

Percorrido

Sae desde a intersección coa estrada AC-542 que vai cara ao Mesón do Vento (Ordes) e Santiago de Compostela, e atravesa Oza Cesuras, Curtis, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Melide e Santiso. Historia

Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o mestre Rafael Fernández Casas foi detido e paseado nesta estrada á altura de Trasanquelos o 20 de agosto de 1936.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Betanzos Categoría:Oza Cesuras Categoría:Curtis Categoría:Vilasantar Categoría:Sobrado Categoría:Boimorto Categoría:Melide Categoría:Santiso