O termo Dique, pode referirse a:
Dique, obra de enxeñaría construída para evitar o paso da auga; Dique de abrigo, dique que se constrúe para a protección dun porto; Dique seco, ou dique de carena, instalación portuaria destinada a poñer as embarcacións fóra da auga para efectuar reparacións na súa parte externa (casco); Dique de marea, dique seco que non precisa de bombas de achique porque queda seco na marea baixa: Dique flotante, dique seco construído con tanques que se inundan e baixan para que o buque poida entrar nel, e que se desaugua por medio de bombas, ao fin de que quede en seco ou co barco flotando, segundo as necesidades; Dique natural, material arrastrado por un río e depositado nos seus bordos durante as enchentes, o que vai ocasionando, progresivamente, a elevación da ribeira. Dique, formación rochosa ígnea intrusiva de forma tabular; Contradique, dique que se constrúe preto do dique principal dun porto principal, co obxecto de reforzalo.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza O Dique, lugar da parroquia de Queiruga, no concello do Porto do Son.
Praia de Galiza Praia do Dique, no lugar do Dique, na parroquia de Queiruga, no concello do Porto do Son.