Fátima é unha freguesía portuguesa do concello de Ourém, cunha área de 71,29 km² e 10 302 habitantes (2001). Densidade: 144,5 hab/km². A poboación pertence ó distrito de Santarém, na subrexión de Médio Tejo.

A localidade debe o seu nome á antiga ocupación dos musulmáns nese territorio, xa que «Fátima» foi o nome da filla preferida de Mahoma.

É coñecida polas aparicións da Virxe María que tres pastorciños (Lucía de Jesús dos Santos, Francisco e Jacinta Marto) afirmaron ter entre o 13 de maio e o 13 de outubro de 1917, no lugar chamado Cova da Iria.

A construción do Santuario de Fátima a partir de 1928 trouxo o desenvolvemento á localidade, conseguindo ser elevada á categoría de cidade o 12 de xuño de 1997.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Nosa Señora de Fátima

Ligazóns externas Santuario de Nosa Señora de Fátima – Sitio web oficial Capelinha das Aparicións – Emisión en directo Peregrinos de Fátima – Páxina oficial

Categoría:Freguesías do distrito de Santarém