dereita|miniatura|O pelotón na edición do 2014.
A Volta a Turquía (en turco: Cumhurbaşkanlığı Bisiklet Turu) é unha volta ciclista por etapas que se disputa en Turquía todos os anos. Ten categoría 2.HC do UCI Europe Tour dende o 2010, aínda que anteriormente tivo outros coeficientes: dende 2006 categoría 2.2, e entre 2008 e 2010 coeficiente 2.1.
Dispútase dende o ano 2002, aínda que dende 1967 xa se levaban disputando outras edicións illadas. A primeira edición foi afeccionada mentres que as dúas seguintes xa foron da máxima categoría afeccionada, a 2.6. e logo de 2.5 (última gategoría profesional). Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI sempre formou parte do circuíto europeo, aínda que non sempre co mesmo coeficiente.
Realízase en oito etapas, aínda que nalgunhas ocasións a primeira é un prólogo ou unha carreira de exhibición. Normalmente, saía de Istanbul e acababa en Alanya, porén dende a edición de 2012 vense facendo ao revés, con inicio en Alanya e chegada en Istanbul.
O único ciclista con dúas vitorias é o iraniano Ghader Mizbani. O actual campión é o portugués José Gonçalves.
Clasificacións thumb|right|250px|A mascota da proba Pardus. Dende o 2016, as clasificacións que se disputan son as seguintes: 25px Maillot azul. Vestido polo líder da clasificación xeral. 25px Maillot branco. Vestido polo mellor na clasificación de Belezas de Turquía. 25px Maillot vermello. Vestido polo líder da montaña. 25px Maillot verde. Vestido polo primeiro nos puntos.
Gañadores thumb|right|250px|Adam Yates no podio final do 2014. Lista de gañadores dende o ano 2002. AnoGañadorEquipo2002 Ghader MizbaniTelekom Malaysia Cycling Team2003 Mert Mutlu2004 Ahad KazemiGiant Asia Racing Team2005 Svetoslav TchanlievCycling Club Bourgas2006 Ghader MizbaniBrisaspor2007 Ivailo GabrovskiVelo-M-Hemus-Makedonya2008 David GarcíaKarpin Galicia2009 Daryl ImpeyBarloworld2010 Giovanni ViscontiISD-Neri2011 Alexander EfimkinTeam Type 1–Sanofi Aventis2012 Alexsandr DyachenkoAstana)2013 Natnael BerhaneTeam Europcar2014 Adam YatesOrica-GreenEDGE2015 Kristijan ĐurasekLampre-Merida2016 José GonçalvesCaja Rural-Seguros RGA
Vitorias por países Lista de vitorias por países dende o 2002. PaísVitorias321
Véxase tamén Outros artigos Turquía
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Volta a Turquía Categoría:Probas do UCI ProTour Categoría:Probas do UCI WorldTour Categoría:Probas do UCI Europe Tour