A AC-432 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Vimianzo e Camariñas; atravesa os concellos de Vimianzo e Camariñas. Ten unha lonxitude de 18,22 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-552 en Vimianzo e finaliza en Camariñas.

Percorrido

A estrada comeza o seu percorrido na travesía urbana da AC-552 ao seu paso polo núcleo de Vimianzo, durante este primeiro treito figura no nomenclátor municipal como "Rúa Trasariz". Logo continúa pola parroquia de Calo e cruza o río do Porto, tralo cal atravesa a parroquia de Carantoña. Entra no termo de Camariñas pola parroquia da Ponte do Porto primeiro e a continuación pola de Xaviña para rematar, por fin, na capital municipal.

Notas

Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Vimianzo Categoría:Camariñas Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes