Bretwalda (brytenwalda, bretenanwealda) é un termo anglosaxón, utilizado en tempos da Britania posromana e designaba un rei que detentaba unha supremacía temporal sobre os restantes.

Orixe do título Os pobos anglosaxóns que invadiron Britania no século V non tiñan unidade política centralizada ningunha, senón que estaban divididos en tribos, moitas veces enfrontadas entre si. A necesidade de formar unha fronte común contra a resistencia dos britanos obrigou a conformar alianzas temporais entre eles, e é nese contexto que se deu o título de bretwalda -como indicador de supremacía- aos xefes ou reis escollidos polos restantes para exercer o mando supremo temporal.

Ese foi o título de Aethelberht, rei de Kent (594), dos reis de Northumbria Edwin (623), Oswald (634) e Oswiu (643), e do rei Penda de Mercia (626), entre outros xefes anglosaxóns.

A palabra bretwalda significa en realidade “líder britano”, polo que probabelmente o concepto mesmo, a institución e a dignidade que leva, fosen copiados dese pobo polos conquistadores.

É no período da Heptarquía Anglosaxoa (475-827), onde crece o uso do títuloÉ o nome dado ao conxunto de sete reinos establecidos polos pobos. O dominio do bretwalda non supuña formalmente a supremacía dun reino sobre os restantes, senón a dun rei sobre os seus veciños, sobre os seus pares, quen lle pagaban tributo e debían responder á súa convocatoria ás armas. O lazo, xa que logo, era persoal e rompía á morte do bretwalda. A elección dun xefe determinado para o posto no entanto adoitaba implicar o recoñecemento (e lexitimación) dun poder maior polo que indirectamente implicaba reflectir a hexemonía dun reino sobre outros nese contexto histórico determinado.

Lista de Bretwaldas dereita|miniatura|Lista de bretwaldas na Crónica anglosaxoa.

Segundo Beda (Historia ecclesiastica gentis Anglorum) e a Crónica Anglosaxoa Ælle de Sussex (488–c.514). Ceawlin de Wessex (560–91, morto en 593). Æthelberht de Reino de Kent (591–616). Rædwald de Reino de Anglia Oriental (616–27). Edwin de Northumbria (627–32). Oswald de Bernicia (633–41). Oswiu de Northumbria (641–58, morto en 670).

Señores de Mercia Wulfhere de Mercia (658-675). Æthelred de Mercia (675-704, morto en 716). Coenred de Mercia (704-709). Ceolred de Mercia (709-716). Ceolwald de Mercia (716). Aethelbald de Mercia (716-757, proclamado Rei de Britania 746). Beornrad de Mercia (757). Offa de Mercia (757-796, proclamado Rei dos Anglos 774). Ecgfrith de Mercia (796). Cœnwulf de Mercia (796-821, proclamado Emperador). Ceolwulf de Mercia (821-823). Beornwulf de Mercia (823-826). Ludeca de Mercia (826-827). Wiglaf de Mercia (827-829, morto en 840).

Listados só pola Crónica anglosaxoa Ecgberht de Wessex (829–839).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Beda O Venerable, Historia ecclesiastica gentis Anglorum, Ed. J. E. King, Londres, 1962

Véxase tamén Britania posromana Historia de Inglaterra Anglosaxóns

Ligazóns externas Heptarquía, en Cronoloxía dos reis de Kent, Wessex, Essex e Sussex en homar.org The earliest Anglo-Saxon chartersen trin.cam.ac.uk (en inglés)

Categoría:Feudalismo Categoría:Historia de Inglaterra Categoría:Bretwaldas