Makronisos (grego: Μακρόνησος) é unha illa pertencente ao grupo das Cícladas situada ao oeste de Kea e ao sur do porto de Lavrio, en Cabo Sunión. Ten unha superficie de 15 km² e 28 km de litoral. De forma alargada mide uns 13 km en dirección N-S por tan só 400–500 m en dirección E-O.

Na antigüidade a illa era chamada Helena xa que segundo a lenda detívose nela este personaxe de camiño a Troia. Restos arqueolóxicos mostran que a illa foi habitada desde tempos prehistóricos.

Na canle que separa Makronisos de Kea afundiuse o barco hospital HMHS Britannic, xemelgo do Titanic, tras chocar cunha mina ás 08:21 h do 21 de novembro de 1916. 55 minutos máis tarde a nave foise a pique, repousando agora a 120 m de profundidade. 30 persoas faleceron no naufraxio e unhas 1.000 puideron ser salvadas polos pescadores de Koritsiá, a capital de Kea. O barco, que se dirixía aos Dardanelos, non transportaba feridos.

Durante a guerra civil grega e a ditadura dos coroneis, Makrónisos foi utilizado como lugar de deportación dos prisioneiros políticos, principalmente dos membros do partido comunista. Actualmente deshabitada, a illa é considerada un monumento conmemorativo da guerra civil.

Demografía Desenvolvemento da poboación de MakronisosEinwohnerzahlen von Makronisos 1940–2001, Griechisches Statistisches Amt ELSTAT, Digitale Bibliothek (griechisch) Censo 1940 1951 1961 1971 1981 1991 2001 2011 Habitantes 36 4484 12 12 4 – 5 9

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de illas de Grecia

Categoría:Illas de Grecia