Mahadevi Varma, nada o 26 de marzo de 1907 en Farrukhabad e finada o 11 de setembro de 1987 en Alwa, foi unha activista e escritora india. Como poetisa en lingua hindi está considerada a "Meera moderna". Traxectoria
Naceu no seo dunha familia "kayastha" de avogados. Educouse en Jabalpur, casou na súa infacia, como era costume na época, con Swarup Narain Varma en Indore e quedou cos pais mentres o home estudaba en Lucknow. Ela completou a súa educación na Universidade de Allahabad, graduándose en sánscrito en 1933. Despois da morte do seu marido, en 1966, radicou en Allahabad e viviu alí ata a súa morte. Mahadevi foi directora do Allahabad (Prayag) Mahila Vidyapeeth, dedicado ao ensino de educación cultural e literaria a mozas en lingua hindi. Comezou a escribir poemas xunto con outra compañeira de escola, Subhadra Kumari Chauhan, enviándolles composicións a revistas literarias, que publicaron algúns dos seus poemas. Mahadevi está considerada unha poeta destacada do movemento Chhayavaadi (1914-1938) da literatura hindi , canda Suryakant Tripathi 'Nirala', Jaishankar Prasad e Sumitranandan Pant. Tamén escribiu relatos, como Gillu , Neelkanth ou Gaura ou a súa memoria da infancia, Mero Bachpan Ke Din.
Obra Neehar (1930) Rashmi (1932) Neeraja (1934) Sandhyageet (1936) Deepshikha (1939) Yarna (1940, colección de obras anteriores) Pratham Aayam (1952, colección de poesías da súa mocidade) Agnirekha (1990, póstumo)
Notas
Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Escritores da India Categoría:Escritores en lingua hindi Categoría:Nados en Uttar Pradesh