Gurdial Singh Rahi (), nado en Bhaini Fateh o 10 de xaneiro de 1933 e finado en Bathinda o 16 de agosto de 2016, foi un escritor en panxabí da India.

Traxectoria

Primeiros anos Naceu nunha pequena localidade preto de Jaitu no Panxab británico. Seu pai Jagat Singh, era carpinteiro e súa nai, Nihal Kaur, ama de casa. Gudial empezou traballar como carpinteiro aos 12 anos para axudar á súa familia . Seguiu a estudar mentres traballaba, e cando tiña 14 anos casou con Balwant Kaur. En 1962 era mestre de escola en Nandpur Kotra mentres estudaba inglés e historia na universidade.

Literatura En 1957 publicou o seu primeiro relato, "Bhaganwale" na revista Panj Darya, e seguiron outros que publicou en Preetlari. A súa primeira novela, Marhi Da Deeva, editada en 1964 consagrouno como un autor recoñecido tanto pola crítica como polo público, converténdose nun dos principais novelistas en panxabí con títulos como Anhoe (1966), Addh Chanani Raat (1972), Anhe Ghore Da Daan (1976) e Parsa (1991). Tamén publicou coleccións de relatos: Saggi Phull (1962), Kutta Te Aadmi (1971), Begana Pind (1985) e Kareer Di Dhingri (1991) e as autobiografías Neean Mattiyan (1999) e Dojee Dehi (2000) publicada en dúas partes. Moita da súa obra trata dos marxinados no Panxab rural cun uso intenso do dialecto malwai. Escribiu tamén relatos para nenos e algunhas das súas novelas leváronse ao cine. Gañou algúns dos premios literarios máis prestixiosos da India como o Sahitya Akademi (1975), Padma Shri (1998) e o Jnanpith (2000).

Notas

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados no Panxab, India Categoría:Escritores da India Categoría:Escritores en lingua panxabí Categoría:Escritores de literatura infantil da India