O Club Baloncesto San Pablo Burgos S.A.D., até 2017 Club Baloncesto Miraflores, e actualmente coñecido por motivos de patrocinio como Silbö San Pablo Burgos, é un club de baloncesto español con sede na cidade de Burgos, Castela e León. Actualmente compite na Primeira FEB. O equipo, que xa existía desde nivel provincial en 1994, foi convertido en equipo profesional en 2015 para substituír o CB Tizona despois de que este non puidese ascender á ACB. O equipo disputa os seus partidos como local no Coliseum Burgos, pavillón con capacidade para 9 352 espectadores.

Historia Antes de crear o equipo profesional, o Club Baloncesto Miraflores era un equipo da liga provincial de Burgos fundado en 1994. O equipo profesional foi creado en agosto de 2015 co obxectivo de substituír o Club Baloncesto Tizona, que non puido ascender á Liga ACB ao final da temporada 2014−15, como o principal club da cidade, sendo admitido en LEB Ouro o 28 de agosto de 2015. Na súa primeira temporada en LEB Ouro o club acadou a terceira posición, obtendo o dereito a xogar os playoffs de ascenso. Porén, perden en semifinais contra o Peñas Huesca por 1−3.

Na súa segunda temporada o club clasificouse para a Copa Princesa de Asturias e o 10 de xuño de 2017 e ascendeu á liga ACB. Na súa primeira temporada en ACB, os burgaleses comezaron con sete derrotas consecutivas, complicando a súa permanencia na competición. Porén, unha vitoria ante o UCAM Murcia e a chegada do escolta estadounidense John Jenkins, cambiaron a tendencia negativa dos casteláns. Finalmente, acaban a temporada en décimo cuarto posto con 13 vitorias. Na súa segunda temporada en ACB melloraron o resultado obtendo 15 vitorias e acabando en undécima posición, dándolles pé para xogar a Basketball Champions League.

Na temporada 2019−20, acabaron a temporada regular en décimo lugar. Debido á situación derivada da pandemia de COVID-19, doce equipos disputaron os playoffs polo título en lugar dos habituais oito, o que lles permitiu xogar unha fase de playoffs na que chegan ás semifinais. Na competición europea o equipo tivo unha estrea destacábel ao conseguir vencer na final ao AEK Atenas por 85−74. En 2021 o equipo volver gañar a Basketball Champions League após venceren na final ao Pınar Karşıyaka 64−59.

Patrocinios Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: San Pablo Inmobiliaria Burgos (2015–2017) San Pablo Burgos (2017−2020) Hereda San Pablo Burgos (2020–presente)

Xogadores Electo actual

Destacados

Sebas Saiz Anton Maresch Thomas Schreiner Deon Thompson Corey Fisher John Jenkins Ægir Steinarsson Deividas Gailius Augustas Pečiukevičius Tadas Sedekerskis Justas Sinica

Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do CB Miraflores. Diego Epifanio (2015–2019) Joan Peñarroya (2019–2021) Žan Tabak (2021–presente)

Palmarés Basketball Champions League Campións (2): 2020, 2021 FIBA Intercontinental Cup: Campións (1): 2021 Copa Castilla y León Campións (3): 2016, 2017, 2018 Subcampións (1): 2015

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas2015–16 2LEB 4º 22–17 2016–17 2LEB2º 33–10 Copa Princesa 2º 2017–18 1ACB 14º 13–21 2018–19 1ACB 11º 15–19 2019–20 1ACB 4º 15–19 3 Champions League 13–62020–21 1ACB 6º 22–16 Cuartos de final 3 Champions League 12–32021–22 1ACB 18º 10–24 3 Champions League 5–4

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do CB Miraflores Perfil do CB Miraflores en acb.com

San Pablo Burgos San Pablo Burgos