miniatura|O trieixe cartesiano (xeometría analítica tridimensional) é unha icona do espazo tridimensional. miniatura|A xeometría descritiva resolveu os problemas do espazo a través da linguaxe gráfica mentres a xeometría analítica tridimensional usou a matemática. Como definición lingüística, o espazo tridimensionalA palabra espazo procede do latín (spatìum,ìí) e significa extensión, distancia e intervalo. Dimensión do latín (mensìo,ónis) significa medida. é aquel que pode ser definido como tendo tres partes dimensionais (altura, profundidade e largura), o que na práctica indica relevo. Os pobos da antigüidade traballaban con formas volumétricas, mais o estudo metódico do tema pode ser atopado nos libros de Euclides. Aínda que a maior parte da xeometría euclidiana se dedique aos problemas da xeometría plana, que inclúe o espazo euclidiano, traballaba co tridimensional cando se inclinaba sobre o estudo dos sólidos.
A xeometría analítica tridimensional e a xeometría descritiva trataron do espazo tridimensional de maneiras distintas, mais con contido aproximado, a primeira empregou a linguaxe alxébrica e a segunda a xeométrica.Encyclopaedia Britannica.
Terceira dimensión Co xurdimento da terceira dimensión, algúns problemas xeométricos que non existían no espazo bidimensional pasaron a ser estudados, como: distancia entre planos paralelos, distancia entre rectas que se cruzan, cálculo de volumes, elaboración de sistemas proxectivos etc.No espazo bidimensional sería improdutivo a creación dun sistema proxectivo, porque todos os obxectos xeométricos se reducirían a puntos e rectas, de acordo cun observador (que necesariamente estaría presente no plano). Para que exista un sistema de proxeccións é preciso que se teña un observador (fóra do plano), un plano de proxección e algo para ser observado (o elemento observado pode coincidir co plano de proxección), mais non pode coincidir co observador.Mandarino, Denis, Desenho Projetivo e Geometria Descritiva. São Paulo: Ed. Plêiade, 1996. Cap. I-VI.
Física clásica A física newtoniana baséase no espazo tridimensional. Como consecuencias teóricas téñense: o espazo é absoluto, o tempo é absoluto, o movemento é absoluto, os intervalos de tempo son idénticos, baixo todas as condicións, as dimensións dos corpos ríxidos son independentes do estado de repouso ou movemento, os axiomas de Euclides permanecen certos para todo o Universo, a gravitación débese a unha atracción entre os corpos, os raios de luz propáganse en liña recta etc.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Espazo bidimensional Espazo cuadridimensional
Categoría:Xeometría