O Pallacanestro Brescia, actualmente coñecido como Germani Brescia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Brescia, Lombardía. O Basket Brescia foi fundado en 2009 e, desde a temporada 2016−17, compite na LBA, máxima categoría do baloncesto transalpino. O equipo conseguiu o ascenso á máxima categoría despois de vencer no quinto partido do play-off final ao Fortitudo Bologna.
Historia O Basket Brescia Leonessa nace un 2 de xullo de 2009, comezando a competir na Serie A Dilettanti, terceira categoría do baloncesto italiano, grazas á compra dos dereitos deportivos da Juvi Cremona Basket, a cal se fusionaría co Vanoli Cremona, levando de volta ao baloncesto á cidade lombarda despois de trece anos de ausencia. O primeiro director xeral do club foi Ario Costa. Na súa primeira temporada na competición, o club finaliza na quinta posición do seu grupo, sendo eliminado da primeira rolda dos play-offs de ascenso.
Ao ano seguinte, o Brescia finaliza na segunda posición do seu grupo, conseguindo, esta vez si, o éxito procurado. Tras permanecer durante catro anos na segunda categoría, na temporada 2015−16 o club consegue ao ascenso á Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, tras derrotar no quinto partido do play-off final ao histórico Fortitudo Bologna.
Patrocinadores Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
Basket Brescia Leonessa (2009−2011) Centrale del Latte Brescia (2011−2016) Germani Basket Brescia (2016−presente)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Italia