Kuppali Venkatappa Puttappa, nado en Hirekodige o 29 de decembro de 1904 e finado en Mysore o 11 de novembro de 1994, máis coñecido polo seu sobrenome literario Kuvempu (en ) ou por K. V. Puttappa, foi un escritor, crítico literario e pensador kannará. Considerado o meirande poeta kannará do século XX. Foi o primeiro escritor kannará en recibir o premio Jnanpith.Jnanpith Laureates jnanpith.net
O goberno de Karnataka concedeulle o título honorífico de Rashtrakavi ("poeta nacional") en 1958 e o de Karnataka Ratna ("xema de Karnataka") en 1992. A súa narrativa épica Sri Ramayana Darshanam, unha interpretación moderna da épica hinduísta india Ramayana, está considerado como o rexurdimento do xénero Mahakavya nunmha forma contemporánea. A letra do himno oficial de Karnataka Jaya Bharata Jananiya Tanujate é un dos seus poemas.
Traxectoria dereita|miniatura|250x250px|A casa de Kuvempu, "Udayaravi", en Mysore Primeiros anos Kuvempu naceu no distrito de Chikmagalur na casta vokkaliga, seu pai chamábase Venkatappa Gowda e súa nai Seethamma. De rapaz viviu coa súa familia no distrito de Shivamogga. Ao primeiro recibiu educación na súa casa cun profesor particular e logo foi continuou estudos en Tirthahalli mais en Mysore. En 1929 graduouse en kannará na Universidade de Mysore. Casou o 30 de abril de 1937 e tivo dous fillos, K P Poornachandra Tejaswi, tamén escritor, e Kokilodaya Chaitra, e dúas fillas, Indukala e Tharini.
Carreira Logo de se graduar foi lector de kannará na Universidade de Mysore en 1929 e profesor asociado na Universidade de Bangalore desde 1936. Volveu a Mysore como profesor en 1946. Foi vicechancelerNa India equivale a un vicerreitor pero coas atribucións dun reitor da Universidade de Myrose desde 1956 ata a súa xubilación en 1960.
Obra miniatura|Poema de Kuvempu Kuvempu comezou a escribir en inglés, publicando tan só unha colección de poesía co título de Beginner's Muse mais logo cambiou para a súa lingua materna, o kannará, encabezando o movemento para facer desa lingua o medio de ensino baixo o lema "educación na lingua materna". Fundou o instituto de estudos kannará da Universidade de Mysore co nome de Kannada Adhyayana Samsthe.
Na súa obra foi contra o sistema de castas e o ritual relixioso sen sentido. A súa versión do Ramayana publicada en dous volumes en 1949 e 1957, Sri Ramayana Darshanam, é unha recreación total, dos personaxes e das ideas filosóficas, morais e espirituais da obra orixinal, mantendo a natureza simbólica orixinal. É un dos representantes máis coñecidos da xeración Navodaya, que renovou a poesía kannará.Nicolae Sfetcu (2014) Poetry Kaleidoscope Tamén un recoñecido dramaturgo, unha das súas obras máis populares é Raktaakshi, publicada orixinalmente en 1932, é unha recreación cultural do Hamlet de Shakespeare.Basavaraj Naikar (2005) Literary Vision Sarup & Sons, 2005pp. 367-381
Épica Sri Ramayana Darshanam - Volume-1 (1949), Volume-2 (1957) Chitrangada
Poesía Kolalu (1930) Paanchajanya (1936) Navilu (1937) Kindarijogi Mattu Itara Kavanagalu (1938) Kogile Mattu Soviet Russia (1944) Shoodra Tapaswi (1946) Kinkini (1946) Agnihamsa (1946) Prema Kashmira (1946) Chandramanchake Baa Chakori (1954) Ikshugangotri (1957)
Novela Kaanuru Heggadati (1936) Malegalalli madumagalu (1967)
Teatro Birugaali (1930) Maharatri (1931) Smashana Kurushethram Mattu Maharatri (1931) Jalagaara (1931) Raktaakshi (1932) Shoodra Tapaswi (1944) Beralge koral (1947)
Autobiografía Nenapina Doniyali (vol 1-2, 1980)
Relatos Sanyaasi Mattu Itare Kategalu (1937) Nanna Devaru Mattu Itara Kategalu (1940)
Ensaio Malenaadina Chitragalu (1933)
Crítica literaria Atmashreegagi Nirankushamatigalagi (1944) Kavyavihara (1946) Taponandana (1951) Vibhuthi Pooje (1953) Draupadiya Shrimudi (1960) Vicharakrantige Ahvana (1976)
Biografía Swami Vivekananda(1932) Sri Ramakrishna Paramahamsa (1934)
Relatos e poemas infantís Bommanahalliya kindarijogi(1936) Mari vijnani(1947) Meghapura (1947) Nanna mane (1947) Nanna gopala Amalana kathe Sahasa pavana Modannana Tamma Narigaligeke Kodilla Haluru
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Escritores da India Categoría:Escritores en lingua kannará Categoría:Personalidades das universidades da India Categoría:Críticos literarios Categoría:Escritores de literatura infantil da India