Fredrik Eklund, nado o 26 de abril de 1977 en Estocolmo, é un axente inmobiliario, empresario, actor pornográfico, escritor e personalidade da televisión sueco establecido en Nova York.

Traxectoria Fillo do economista Kas Eklund e irmán do escritor Sigge Eklund, estudou na Escola de Economía de Estocolmo, traballou algún tempo no xornal financeiro Finanstidningen e en 1999 fundou a empresa Humany, dedicada ao desenvolvemento de software.

Eklund trasladouse a Nova York en 2002 e participou en filmes pornográficos gais baixo pseudónimo Tag Eriksson. En 2003 protagonizou The Hole, unha parodia cómica porno do filme The Ring co que logrou o premio GayVN Fokus, Fredrik Eklund: "Porrkarriären en fördel" , Fokus, novembro de 2007 á mellor escena en solitario'"Interview: Fredrik Eklund, Out, 27 de febreiro de 2013 En 2005, publicou o libro autobiográfico Bananflugornas herre sobre esa época.

Axente inmobiliario Eklund entrou a formar parte da firma inmobiliaria J C DeNiro, onde no primeiro ano ao vender inmobles por valor de 50 millóns de dólares recibiu o nomeamento de vendedor revelación do ano polo Real Estate Board of New York. Foi director de operacións de Core Group Marketing e de Prudential Douglas Elliman, a maior empresa inmobiliaria da costa leste dos Estados Unidos. En febreiro de 2008, vendeu un apartamento para Cameron Diaz, en agosto de 2009 a John Legend e en xullo de 2010 a Daniel Craig."Jag är besatt av New York", Aftonbladet, 19 de outubro de 2010 En 2009 fundou Eklund Stockholm New York, con oficinas en Estocolmohttp://www.esny.se.

Telerrealidade Desde 2010 apareceu como un dos protagonista do programa de telerrealidade Million Dollar Listing New York da canle Bravo,

Libros Bananflugornas herre (2005). Estocolmo: Debutantförlaget. The Sell: The Secrets of Selling Anything to Anyone (2015)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Conta oficial de Facebook Conta oficial de Twitter Web oficial de Million Dollar Listing New York

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Empresarios de Suecia Categoría:Actores porno de Suecia Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Actores de porno gai