A seguir recóllese a pegada que deixaron os peixes e a actividade da pesca na cultura popular galega, na fraseoloxía e na tradición oral galega (refráns, cantigas e adiviñas).
Nun país como Galicia, con 1500 km de costa e numerosos cursos fluviais, non pode estrañar a abondosa presenza de todo tipo de peixes na literatura popular pola súa transcendencia na alimentación, na economía e na estrutura social.
Peixes en xeral miniatura| Locucións Caer coma un peixe: caer inesperadamente. Meter peixe a bordo: comer moito e con ganas Ramón Anxo Martíns Seixo.. Nin rabo de peixe: non quedar nada, non ter nada. Ser bo peixe: ser pouco de fiar ou malo de controlar. Un peixe gordo: persoa moi importante, de influencia.
Refraneiro A auga para os peixes; para os homes, viño a feixes Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.. A carne carne cría, e o peixe, auga fría . A muller do mariñeiro, cando hai peixe ten diñeiro . Cesta patela, arrumba máis que leva A patela é a cesta ou caixa de bordo baixo que utilizan as peixeiras para transportar e expoñer o peixe.. Chuvia de morriña, nin peixes nin fariña Chuvia de morriña é o orballo.. Inda é máis caro o pringue que o peixe Saudade.. Mariñeiro que dorme, peixes non colle . Non hai mellor rede que a que colle o peixe . Non hai mellor rede que a que pilla o peixe. O home e a pesca, ós tres días apesta. O peixe de maio, a quen cho pida dallo . O peixe de maio, nin probalo . O peixe de maio, que o parta un raio . O peixe debe nadar tres veces: en auga, en mollo e en viño Clodio González Pérez (1988): Coloquio de etnografía marítima, 145.. O peixe grande sempre come ó pequeno. / Os peixes grandes comen ós pequenos . O peixeiro trae peixe, o panadeiro trae pan e as trasnadas San Xoán. Para mentir e comer pescado, hai que ter moito coidado . Peixe algareado, cambio de tempo. Peixe con ollos, á caixa . Peixe con ollos, ó caldeiro . Pola boca morre o peixe . Quen peixes queira pescar, tense que mollar .
Cantigueiro Teño lanchas, teño redes/ e teño peixes no mar,/ teño unha moza bonita,/ xa non quero traballar Fermín Bouza-Brey, 193..
A anguía A anguía en empanada e a lamprea escabechada Clodio González Pérez (1988): Coloquio de etnografía marítima, 142..
O bacallau miniatura|A muller que ha de ser miña/ ha de te-lo cu de pau,/ a barriga de cortizo/ e os peitos de bacallau A muller que ha de ser boa/ ha de ter o cu de pau,/ a barriga de cortiza/ i o nariz de bacallau Xaquín Lorenzo Fernández, 39. No orixinal: cú.. A muller que ha de ser miña/ ha de te-lo cu de pau,/ a barriga de cortizo/ e os peitos de bacallau Saudade nº 4, xullo 1943, 28. No orixinal: tel-o, cú.. A muller que ha de ser miña/ ha de ter o cu de pan,/ a barriga de cortizo/ i o nariz de bacallau É posible un erro na recollida da cantiga de pan por pau.. Cantas pedras tes, parede,/ cantos fíos tes no pano,/ home que ten muller fea/ ten bacallau todo o ano Fermín Bouza Brey, 189. No orixinal: tés, bacalau..
O barbo Cando o trigo é louro, é o barbo coma un touro. Cando o trigo está louro, o barbo é coma un touro Eladio Rodríguez González, s. v. trigo.. Cando o trigo está louro, o barbo é coma un touro. Mais val pescar no mar linguados, que no río barbos . O barbo é coma un touro cando o trigo está louro . O barbo val ouro cando o trigo é louro . O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio Eladio Rodríguez González, s. v. maio..
A boga A cabeza do budión diante de ti a pon, e a da boga diante da túa sogra Eladio Rodríguez González, s. v. cabeza. No orixinal: tí, i a da boga, tua.
O budión A cabeza do budión diante de ti a pon, e a da boga diante da túa sogra .
O cazón Can do mar, can mariño: cazón Ríos Panisse, s. v. can..
Refraneiro A langosta e o cazón, en maio están en sazón .
O congro Bébedo coma un congro / máis bébedo ca un congro: moi bébedo.
O coruxo Curuxa Ríos Panisse..
O escacho miniatura|Escachos Galo: escacho. Ríos Panisse supón que o nome lles vén das cores vivas e a aleta dorsal que asemella a crista dun galo . Miñato: escacho (Trigla lucerna) Ríos Panisse, s. v. miñato..
Refraneiro Ó escacho, polo abril, non hai máis que lle pedir. Ós escachos no abril, non hai máis que lle pedir.
A faneca En xaneiro a faneca sabe a carneiro .
A lamprea A anguía en empanada e a lamprea escabechada Lampreas en san Xoán, pra o can M. Rosario Soto Arias..
O linguado Mais val pescar no mar linguados, que no río barbos .
O mero (a cherna) Das carnes o carneiro, dos peixes o mero, das aves a perdiz e mellor a "codorniz" (paspallás) e se o porco voara a todos lle ganara. Das carnes o carneiro, e dos peixes o mero. Do mar o mero e da terra o becerro . Do mar o mero, e da terra o carneiro. Dos peixes, o mero; das carnes, o carneiro .
O muxe Corvo: muxe grande, que recibe este nome porque se curva formando unha media lúa Juan Cuveiro Piñol.. Pardal do mar: muxe Ríos Panisse, s. v. pardal. Supón que o nome pode deberse ó movemento gregario do peixe, como bandadas de pardais..
Refraneiro Cando o trigo é louro, o muge é d'ouro Recollido xa en 1762 por Frei Martín Sarmiento en Pontevedra, referíndose a que este peixe, o muxe, que en invierno no vale nada y en verano es tan gustoso que en Pontevedra hay este adagio. Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos.. Cando o trigo está louro, o múxele vale ouro . Cando o trigo vai louro, o muxe vale ouro . Folla na figueira, muxe na ribeira Cando comezan a agromar as follas da figueira, os muxes achéganse á costa..
Cantigueiro Senteime a pescar na praia/ con pouquichiña carnada,/ veu un muxe galopín/ deixoume quedar sen nada .
O ollomol A castaña i o besugo, en febreiro están en zugo Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.. A castaña e o besugo, en febreiro non teñen zugo . O besugo en xaneiro viste coma un cabaleiro. Ollomol de xaneiro vale un carneiro .
A pescada Locucións Coller / pillar unha merluza: castelanismo por coller unha borracheira.Eladio Rodríguez, s. v. merluza. Ter unha merluza: estar moi borracho (ten unha merluza que non pode coela).
Refraneiro A muller e a pescada, sempre dá máis adiantada . A pescada en xaneiro val por carneiro .
Cantigueiro Con castañas asadas/ foxe o friíño;/ con pescada salpresa/ non hai ruín viño.Anónimo: Cantigas do viño, Castrelos 1974, colección O Moucho 6, 15. Miña Virxe do Loreto,/ ¿que lle dades ós do Son?/ Dádeslles pescadas podres/ picadas do abellónFerro Ruibal (dir.): Diccionario dos nomes galegos, Ir Indo 1992, s. v. Loreto. Miña Virxe do Loreto,/ ¿que lle dades ós do Son?/ Pola mañán, vento á terra,/ pola noite, virazónFerro Ruibal, s. v. Loreto. Para zapateiros, Noia,/ para pescadas, o Son,/ para mozos ¡viva Boiro!/ para borrachos, Cespón Fermín Bouza Brey, 172. No orixinal: Noya, Són..
Adiviñas ¿Cal é a cousa, cal é ela/ que, antes de o ser,/ xa o era? [A pescada].Gárfer, José Luis e Fernández, Concha: Adivinancero popular gallego, Taurus, Madrid 1984, 107.
A piarda Xaneiro piardeiro.Adela Leiro, 26.
A raia miniatura|Raia pescada en xaneiro sabe a carneiro Locucións Boca de raia: dise da boca longa e de labios delgados.Eladio Rodríguez, s. v. boca.
Refraneiro A raia en xaneiro sabe a carneiro. En xaneiro a raia val carneiro. Mentras canta o cuco, non comas raia nin pulpo.Eladio Rodríguez González, s. v.cuco. Por ben que che vaia non comas raia. Raia en xaneiro sabe como o carneiro. Raia pescada en xaneiro sabe a carneiro.Eladio Rodríguez, s. v. raia. ¡Roubei unha raia! Polo demo veu, polo demo vaia. Se queres vencer, raia tes que comer.
A robaliza Pescador que estás pescando,/ péscame unha rebaliza/ para levar de regalo/ á Virxe da Pastoriza.Pérez Ballesteros, José: Cancionero popular gallego (1885-1886), ed. Akal 1979, tomo I, px. 195.Refírese á Virxe da Pastoriza, en Arteixo (A Coruña).
O rodaballo No mar anda un pescado/ que se chama o besugo/ e tamén hai rodaballo,/ pero, coma ti, ningunho.
O salmón Conta a lenda que San Rosendo se impuxo como penitencia un cilicio. Pechouno con chave e botouna no medio do río Eume, prometendo non sacar o cilicio ata que aparecese a chave. Como é natural, por máis que os seus compañeiros a buscaron, non atoparon rastro dela. Transcorrido un tempo, uns pescadores abriron posada cerca do mosteiro, e un día foron comer alí Rosendo e os seus freires. Puxéronlle á mesa uns salmóns e no que lle tocou a Rosendo apareceu a chave Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Ed. Galaxia, Vigo 2011, s.v. Salmón..
Refraneiro Do mar o salmón, e da terra o lacón.Anónimo: O libro do porco, ed. Castrelos 1972, 36 (colección O Moucho, nº 26). Do mar o salmón, e da terra o xamón. En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoán para o can.Supl. "Galicia", La Voz de Galicia 12.04.1986. O percebe e o salmón, en maio están en sazón.Eladio Rodríguez González, s. v. maio. No orixinal: i o salmón. O sermón, o sábado; e o salmón, na Coresma, teñen razón, despois non.Supl. "Galicia", La Voz de Galicia 5.07.1986.
O sanmartiño Sinonimia Peixe de San Pedro: o nome provén da lenda que conta que san Pedro pescou un destes peixes e, ó subilo a bordo, queixouse tan penosamente que o santo decidiu devolvelo ó mar. Para facelo, colleuno cos dedos índice e polgar, deixando as pegadas da presión dos dedos sobre a súa pel, que quedaron formando esas manchas características. Outra lenda conta que san Pedro deixou esas manchas cando suxeitou un peixe co fin de coller da súa boca a moeda que levaba na boca e poder pagar con ela os tributos a Roma. Peixe de Samartiño, peixe samartiño, samartiño, sanmartiño: en Galicia, esta mesma lenda atribúese a san Martiño, o que explica que aquí reciba este nome. Outra posible orixe pode ser que este peixe está en sazón no mes de novembro. Peixe galo, galo de mar, galo do mar, galo mariño: pola longa aleta dorsal, que lembra a crista dun galo Ríos Panisse, Eladio Rodríguez..
A sardiña miniatura|Sardiñas
A muller e a sardiña, canto máis pequena máis fina . A muller e a sardiña, pequena e escanchadiña Escanchada, de escanchar, significa aberta, esparrada (a sardiña) ou aberta de pernas (a muller). Lino Lema Bouzas, 1.. A muller e a sardiña, pequeniñas .
A solla Locucións Tragar coma un corvo a unha solla: aceptar como certo o que é unha mentira ou engano.
Refraneiro A solla, coa folla.Coincidindo coa brotación das follas da figueira. Á solla de abril ábrelle a man e déixaa ir.<ref>Eladio Rodríguez, s. v. solla.</ref>Clodio González Pérez (1988): Refraneiro do mar, 43-44.Variantes: ábrelle a/cóllea na, ir/fuxir. A solla de xaneiro é mellor có carneiro. A solla en abril cóllea na man e déixaa ir.Adela Leiro Lois, 26.Supl. "Galicia", La Voz de Galicia 16.10.1993. A solla, na caída da folla. Cando a figueira ten folla, ten boa comida a solla. Cando a figueira ten folla, val ouro a solla.Álvarez Giménez, 36. Non é boa a solla que o pan non molla. Pescador que non se molla non comerá moita solla. Solla de abril, abre a man e déixaa ir/fuxir.Eladio Rodríguez González, s. v. abril. Solla de abril, ¡bótate a dormir! Solla en abril, abre a man e déixaa ir.Real Academia Gallega 1913, s. v. abril. No orixinal: folla (erro por solla), deixâ.Eladio Rodríguez González, s. v. abril. No texto: folla. Solla de abril, abre as maos e déixaa ir.Noriega Varela, Antón: ""Reportorio de refráns pra todol-os meses do ano", en "Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós nº 3, 30.12.1920, 17. No orixinal: d'Abril, déixa.
Adiviñas Sempre te vexo/ no teu lugarexo./ ¡Tirate de aí, boca torta,/ que, se te boto un raxo,/ es morta [a solla e o polbo].Garfe, 107.
Tiburóns Duro coma un cazón Fígados de faneca na boca dun tiburón Mouro coma un cazón: o cazón ten o lombo cinsento escuro.
A troita Refraneiro