O campo da Leña é unha zona urbana da cidade da Coruña situado entre os seus dous barrios, a Cidade Vella e A Pescaría. Actualmente está dividido en dúas prazas: a praza de España e a praza das Atochas. É un dos puntos fundamentais do barrio de Monte Alto.
Historia miniatura|Cuartel de Atocha. O campo da Leña era no que se celebraban mercados de forma regular. O nome proviña das mulleres que vendían alí a leña que recollían. Por este motivo a principios do século XX chegouse a formular a idea de construír nesta zona o novo mercado en lugar de en Santo Agostiño.
No mesmo lugar tiñan lugar ademais execucións, polo que tamén recibía o nome popular de “campo da Forca”.Nombres de quita y pon Alí foi executado Juan Díaz Porlier en 1815, que é lembrado nun monumento de Francisco EscuderoFrancisco Escudero. Escultor inaugurado en 1986Porlier revive en el Campo da Leña e que foi recolocado en 2011. miniatura|Monumento a Baltasar Pardal. A construción na década de 1940 dun edificio dividiu o campo en dúas partes, bautizadas como “praza de España” e “praza de Millán-Astray”, na que se colocou un monumento a este xeneral que foi retirado o 22 de xaneiro de 2010.El concello de A Coruña retira la estatua de Millán Astray En 2011, coa reforma da área recuperouse a nomenclatura “campo da Leña”.Ayer y hoy del Campo da Leña
En 2015 cambiouse o nome da praza de Millán-Astray polo de “praza das Atochas”."La plaza de Millán Astray ya es oficialmente Praza das Atochas" (8/10/2015) laopinioncoruna .
A rúa que arrodea o colexio Grande Obra da Atocha foi bautizada en 1999 como Baltasar Pardal Vidal, que fundou a institución e do que tamén existe un monumento."Baltasar Pardal: Una vida dedicada a la Grande Obra" laopinioncoruna .
Entroido O campo da Leña, no que remata a rúa da Torre é un dos puntos fundamentais do entroido da Coruña.O Entroido, unha "festa intocable" da cidadanía coruñesa Como homenaxe a esta festa e ao San Xoán, en 2021 colocouse na zona a escultura "Sardiña", de Miguel Couto.
Arquitectura Na praza das Atochas ten a súa fachada principal o cuartel de Atocha, construído en 1864.Patrimonio galego
Entre os edificios catalogados no campo da Leña están: Nº 10 da praza de España, edificio de Eduardo Rodríguez-Losada (1910). Nº 11 da praza de España, edificio de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1895).
No campo da Leña existiu ata 1947 unha capela dedicada a San Roque, con fachada na rúa do Hospital.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Prazas da Coruña