Quake II é un videoxogo de disparos en primeira persoa desenvolvido por id Software e publicado por Activision en 1997. Non é unha secuela directa de Quake; id decidiu empregar un nome existente xa que non eran quen de poñerse de acordo nun novo nome que non violase os dereitos doutra compañía.

A banda sonora de Quake II foi proporcionada principalmente por Sonic Mayhem, con algunhas pistas adicionais de Bill Brown; o tema principal foi composto por Bill Brown e Rob Zombie, e unha pista por Jer Sypult.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Videoxogos de 1997 Categoría:Videoxogos de Activision Categoría:Shooters en primeira persoa Categoría:Videoxogos de ciencia ficción Categoría:Videoxogos de Nintendo 64 Categoría:Videoxogos de Mac Categoría:Videoxogos de PlayStation Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América