O Ptilinopus melanospilus é unha especie de ptilopo de tamaño medio, de até 24 cm de lonxitude.

A especie ten o seu hábitat en Indonesia, Malaisia e as Filipinas. En Indonesia, pódese atopar en Xava, nas illas menores da Sonda e nas Célebes, onde é común nos bosques das terras baixas e dos outeiros. A súa dieta consiste principalmente en varias froitas, figos e bagas. A femia polo común pon un só ovo de cor branca.

Notas

Categoría:Colúmbidos Categoría:Animais descritos en 1875 Categoría:Aves de Indonesia Categoría:Aves de Filipinas Categoría:Aves de Malaisia