miniatura|dereita|León VI. León VI , nado en Roma en data descoñecida e finado na mesma cidade en decembro 928, foi o papa n.º 123 da Igrexa católica durante sete meses, de maio a decembro 928.
Traxectoria Romano de nacemento, nada se sabe da primeira etapa da súa vida, salvo que o seu pai se chamaba Cristovo e era un dignitario da corte pontificia. Antes de ser papa era cardeal presbítero da igrexa de Santa Susana. Foi elixido papa co apoio e influencias de Teodora I e filla desta Marozia. As datas exactas da elección e morte de León VI son incertas.
Faleceu, en decembro de 928, asasinado por orde de Marozia.
Pontificado O seu pontificado estivo dominado por Marozia, filla de Teofilacto I. Durante o seu breve pontificado non constan feitos de relevancia. O seu acto principal foi a regulación da xurisdición na xerarquía en Dalmacia, León VI decretou que o primado de Dalmacia e Croacia debía ser o Arcebispo de Split Páxina sobre Dalmacia, sección Historia
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de León VI na Catholic Encyclopedia
Categoría:Papas Categoría:Finados en 928