280px|miniatura|Segunda páxina de O dolcezz'amarissime d'amore, que mostra o virtuosismo entre as tres liñas de soprano con acompañamento. A música está notada en tres claves de soprano —dó en primeira— (en oposición á clave de tiplo —clave de sol—) e mostra unha preponderancia das fusas.

O concerto delle donneVolker Schmidt-Schwarz 2015 ou canto delle dame (lit. conxunto de mulleres) foi unha agrupación profesional de cantantes femininas da corte de Ferrara (Italia) de finais do Renacemento, que tivo gran renome polo seu virtuosismo técnico e artístico. A agrupación foi fundada por Afonso II, duque de Ferrara en 1580 e estivo activa ata a disolución da corte en 1597. Giacomo Vincenti, un editor musical, loou a estas mulleres como "virtuose giovani" (novas virtuosas), facéndose eco dos sentimentos de cronistas e comentaristas contemporáneos.Harris

As orixes da agrupación encóntranse nun grupo de afeccionados cortesáns de alto rango que interpretaban música os uns para os outros no contexto da informal musica secreta do duque na década de 1570. A agrupación foi evolucionando cara a un grupo só de mulleres profesionais, o concerto delle donne, que ofreceu concertos formais para os membros do círculo íntimo da corte e visitantes importantes. O seu estilo de canto florido e altamente ornamentado levou prestixio a Ferrara e inspirou a compositores da época.

O concerto delle donne revolucionou o papel da muller na música profesional, e continuou a tradición da corte de Este como centro cultural. A fama do grupo de mulleres espallouse por toda Italia, inspirando imitacións nas poderosas cortes dos Medici e os Orsini. A fundación do concerto delle donne foi o acontecemento máis importante na música secular italiana a finais do século XVI; as innovacións musicais que se estableceron na corte foron importantes no desenvolvemento do madrigal e, finalmente, a seconda pratica.Pendle, p. 83, reiterado por Newcomb 1980

Historia Formación Na corte de Ferrara, un grupo de mulleres destacadas na música inspirou ao compositor Luzzasco Luzzaschi e atraeu o interese do duque. Este grupo, que levou á formación do concerto delle donne, interpretou dentro do contexto da musica secreta do duque, unha serie de concertos regulares de música de cámara interpretados para unha audiencia exclusiva. Este grupo inicial estaba integrado orixinalmente por membros da corte talentosos pero afeccionados: as irmás Lucrezia e Isabella Bendidio, Leonora Sanvitale e Vittoria Bentivoglio. A elas uníuselles o baixo Giulio Cesare Brancaccio,Pendle, px. 80 que foi levado á corte en 1577 especialmente pola súa habilidade para o canto. A agrupación orixinal estivo activa durante toda a década de 1570, e consolidouse en 1577. Só máis tarde cantantes profesionais substituíron os orixinais.

O duque non anunciou a creación dun grupo totalmente feminino profesional; no seu lugar, o grupo foi formando parte e dominando de xeito gradual a musica secreta, de xeito que logo da destitución de Brancaccio por insubordinación en 1583 non foron contratados máis membros masculinos da musica secreta. Mesmo cando Brancaccio estaba cantando co grupo este era considerado como un conxunto de mulleres, porque o grupo de mulleres era o aspecto máis emocionante da agrupación. Este novo grupo, o concerto delle donne, foi creado por Afonso en parte para a diversión da súa nova xove esposa, Margherita Gonzaga d'Este (ela só tiña catorce anos cando ambos casaron en 1579), e en parte para satisfacer o interese artístico na corte.Newcomb 1980, pp. 106; 20 Segundo Grana, un correspondente contemporáneo, "Signora Machiavella [Lucrezia], Signora Isabella e Signora Vittoria abandonaron o grupo, tendo perdido o respaldo de Luzzaschi". O primeiro concerto do grupo profesional de mulleres do que se ten certeza tivo lugar o 20 de novembro de 1580; dende Carnaval en 1581, os concertos tiveron lugar regularmente.Newcomb 1980, pp 20–21

Este novo "grupo de mulleres" foi visto como un fenómeno extraordinario e novo; a maioría das testemuñas non conectan o segundo período do concerto delle donne co grupo de mulleres que cantaba na musica secreta. Na actualidade, con todo, o grupo inicial é visto como unha parte crucial da creación e desenvolvemento do xénero social e vocal do concerto delle donne.

Compoñentes e características A membro máis destacada da nova agrupación foi Laura Peverara, seguida por Livia d'Arco e Anna Guarini, filla do prolífico poeta Giovanni Battista Guarini. Giovanni escribiu poemas para moitos dos madrigais que foron creados para o conxunto e fixo a coreografía das escenas para o balletto delle donne. Judith Tick pensa que Tarquinia Molza cantou co grupo, mais Anthony Newcomb di que ela se adicou só como asesora e instrutora.Newcomb, "Tarquinia Molza"Women in music Non hai certeza de que Tarquinia Molza cantase ou non co grupo, mais si é coñecido que foi expulsada de calquera papel que desenvolvese no grupo logo de que a súa relación co compositor Giaches de Wert saíse á luz en 1589. Luzzasco Luzzaschi dirixiu e compuxo música para o grupoSpringfels e acompañounas ao clavicémbalo. Ippolito Fiorini foi o maestro di capella, que supervisou todas as actividades musicais da corte.Fenlon, "Ippolito Fiorini" Ademais das súas funcións na corte en xeral, acompañou ao concerto ao laúde. Vittorio Baldini foi levado á corte como editor da música en 1582.

As cantantes da segunda etapa do concerto delle donne eran oficialmente damas de compañía da duquesa Margherita Gonzaga d'Este, mais foron contratadas principalmente como cantantes. As habilidades musicais de Peverara levaron ao duque a pedirlle á súa muller Margherita que a levara dende Mantua como parte da súa comitiva. As novas cantantes tocaban instrumentos, entre eles o laúde, a arpa e a viola, mais focalizaron as súas enerxías en desenvolver o virtuosismo vocal. Esta habilidade fíxose altamente prezada a mediados do século XVI, a partir dos baixos como Brancaccio, mais cara a finais do século o canto virtuosístico do baixo pasou de moda e as voces agudas pasaron a estar en voga. As obrigas musicais das mulleres incluían a interpretación co balletto delle donne da duquesa, un grupo de bailarinas que se travestían frecuentemente. A pesar das súas orixes na clase alta, as cantantes non terían sido acollidas no círculo próximo da corte se non fosen artistas cualificadas. D'Arco pertencía á nobreza, mais só a unha familia menor. Peverara era a filla dun mercador rico e Molza procedía dunha destacada familia de artistas.

miniatura|250px|dereita|As integrantes do concerto delle conne eran compensadas con escudos de ouro. Acuñadas para a corte de Este, estaban en circulación nos Estados Pontificios.

As mulleres cantaban ata seis horas ao día, xa fose cantando o seu propio repertorio florido de memoria, lendo a primeira vista partituras ou participando nos balletti como cantantes e bailarinas.Pendle, px. 82 Thomasin LaMay sostén infundadamente que as mulleres dos concerti delle donne proporcionaban favores sexuais aos membros da corte,LaMay, px. 49 aínda que non hai evidencias disto e as circunstancias dos seus matrimonios e dotes son argumentos en contra desta interpretación. As mulleres recibían pagamentos e outros beneficios, como dotes e vivendas no palacio ducal. Peverara recibiu 300 scudi ao ano e aloxamento no palacio ducal para ela, o seu home, e a súa nai (así como un dote de 10.000 scudi polo seu matrimonio).Knighton, px. 95

Malia terse casado tres veces coa esperanza de ter un herdeiro, Afonso II morreu en 1597 sen descendencia, lexítima ou non. O seu primo Cesare herdou o ducado, mais a cidade de Ferrara, que era legalmente un feudo papal, foi anexionada aos Estados Pontificios en 1598 mediante unha combinación de "firme diplomacia e presión sen escrúpulos" do papa Clemente VIII.Haskell, px. 25 A corte de Este tivo que abandonar Ferrara e o concerto delle donne disolveuse.

Música miniatura|dereita|O Quinto libro dei madrigali de Luzzaschi para cinco voces (Ferrara, 1595) editado por Vittorio Baldini baixo o patrocinio de Afonso II d'Este.

A maior innovación musical do concerto delle donne foi a multiplicación das voces superiores ornamentadas, dunha voz que cantaba en diminucións sobre un acompañamento instrumental a dúas ou tres voces cantando varias diminucións á vez. Esta práctica, que os oíntes encontraron notable, foi imitada por moitos compositores, como Carlo Gesualdo, Luca Marenzio e Claudio Monteverdi.

Eses compositores escribiron música tanto inspirada polo concerto delle donne ou especificamente para elas. Estas obras están caracterizadas por unha alta tesitura, un estilo virtuoso e florido e unha ampla extensión vocal.Chew O terceiro libro de madrigais de Lodovico Agostini foi quizais a primeira publicación adicada totalmente ao novo estilo de canto. Agostini adicoulle cancións a Guarini, Peverara e Luzzaschi.Fenlon, "Lodovico Agostini" Gesualdo escribiu música para a agrupación en 1594 cando visitou Ferrara para casar coa sobriña do duque, Leonora d'Este.Bianconi O Settimo Libro di madrigali a 5 de De Wert e o Primo libro a 6 de Marenzio foron os auténticos primeiros monumentos ao concerto delle donne. A Canzonette a tre voci de Monteverdi foi probablemente influenciada polas "Mulleres de Ferrara". A pesar de que as únicas obras claramente destinadas ou inspiradas polo concerto delle donne foron obras para varias voces agudas executadas en diminución, na práctica os concertos do concerto delle donne incluíron o antigo estilo de madrigais a solo ornamentados con instrumentos acompañantes. Peverara foi loada especialmente pola súa habilidade neste xénero. As obras escritas para o concerto delle donne non se limitaban á música: Torquato Tasso e G.B. Guarini escribiron poemas adicados ás mulleres do concerto, algúns dos cales foron posteriormente musicalizados por compositores. Tasso escribiu arredor de 75 poemas só para Peverara.

O libro de madrigais para unha, dúas e tres sopranos con clave acompañante de Luzzaschi, publicado en 1601, comprende obras escritas ao longo da década de 1580. Esta música puido omitirse da publicación para manter en segredo a musica secreta de Afonso e así manter o control sobre ela. Newcomb considera esta publicación o exemplar das mulleres do modelo do estilo musical. En 1584, Alessandro Striggio, en resposta ás peticións de Francisco I de Medici, describiu o grupo e compuxo pezas imitando o seu estilo para que Francisco puidera crear o seu propio concerto delle donne. Striggio mencionou un ornamentado madrigal a catro voces para tres sopranos e un diálogo con diminucións imitativas para dúas sopranos. Engadiu que esquecera a tablatura para o madrigal en Mantua e sinalou que o cantante Giulio Caccini podía tocar a parte de baixo tanto no laúde como no clavicémbalo.Newcomb 1980, pp 54–55 Isto indica que os cantantes masculinos probablemente non foron empregados despois de Brancaccio e que os acompañamentos instrumentais eran un medio común e aceptable para o acompañamento para construír o contrapunto.

A produción do editor ducal, Baldini, consistiu en gran parte na música escrita para o concerto delle donne, incluídas as composicións dos máis destacados madrigalistas: Luzzaschi, Gesualdo e Alfonso Fontanelli. A súa primeira publicación para o duque foi Il lauro secco (1582), seguida por Il lauro verde (1583). Ambas contiñan música dos principais compositores de Roma e o norte de Italia.Newcomb, pp 28;69;84 A música en honor ao concerto foi impresa en lugares tan afastados como Venecia, co Primo libro a 5 de Paolo Virchi publicado por Giacomo Vincenti e Ricciardo Amadino e que contén o madrigal que comeza con SeGU'ARINAscer LAURA e prenda LARCO / Amor soave e dolce / Ch'ogni cor duro MOLCE. Este emprego das maiúsculas está no orixinal, explicando claramente o equivalente dos nomes de Anna Guarini, Laura Peverara, Livia d'Arco e Tarquinia Molza.