Totally Spies! é unha serie de debuxos animados franco-canadense creada por Vincent Chalvon-Demersay e David Michel e producida por Marathon Media Group e Image Entertainment Corporation. A serie foi creada para que se asemellase ó estilo anime e estaba baseada orixinalmente no concepto dunha banda de música de rapazas. Céntrase en tres mozas adolescentes de Beverly Hills (California), que traballan como axentes espías.
Totally Spies! foi emitida por vez primeira o 3 de novembro de 2001 a través de ABC Family nos Estados Unidos. Emitiuse por TF1 en Francia o 3 de abril de 2002, e en Teletoon para o Canadá o 2 de setembro de 2002. Dende a súa emisión, foron emitidos 156 episodios, cun total de seis tempadas. Entre eles inclúense episodios especiais e producións de cine, realizadas e estreadas entre a cuarta e a quinta tempada. Foi emitida internacionalmente en máis de 150 territorios, incluíndo Galicia, sendo emitido en galego a través do Xabarín Club da TVG.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de televisión de Francia Categoría:Series de televisión do Canadá Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión en lingua francesa Categoría:Series de televisión con versión galega