A lingua yaeyama (en , Yaimamuni) é unha lingua ryukyu do sur falada nas illas Yaeyama, nas illas máis meridionais e en gran parte inhabitadas do Xapón, cunha poboación combinada de 50 000 (no ano 2011). As illas Yaeyama atópanse ó suroeste das Illas Miyako de Ryukyu e ó leste de Taiwán. Yaeyama (Yaimamunii) está estreitamente emparantada co miyako. O número de falantes nativos competentes é descoñecido, por mor da política lingüística xaponesa que se refire á lingua como , reflectido no sistema educativo. A xente por debaixo dos 60 anos non emprega a lingua agás en cancións e rituais, e as xeracións máis novas empregan exclusivamente o xaponés como primeira lingua. O yaeyama está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Yaeyama ten tres dialectos principais, que reciben o nome polas illas onde se fala:
Ishigaki Iriomote Taketomi ( Teedun Muni)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Shigehisa Karimata, 2008. Phonological comparison of Yaeyama dialects
Categoría:Linguas do Xapón Categoría:Linguas ryukyuanas