James "Fly" Williams, nado en Nova York o 18 de febreiro de 1953, é un ex xogador de baloncesto norteamericano. En 1978 logrou 100 puntos nun partido da Liga IS8 (máxima división da liga de institutos de Nova York).The Legend of Corey Fisher confirmed – College Basketball Nation Blog – ESPN

Traxectoria Nacido en Brownsville, no barrio dr Brooklyn estudou no Instituto Madison, alí ao primeiro amosou interese polo béisbol pero era alto de máis para ser competitivo e pasouse ao baloncesto."Elite 24: Rucker Park legends". ESPN, 22 de xuño de 2012 Despois de rematar o instituto recrutárono en 1972 para a Universidade Estatal Austin Peay en Clarksville (Tennessee).

Williams marcou na súa primeira tempada unha media de 29.4 puntos por partido, o quinto mellor dos Estados Unidos. O equipo de Austin Peay puido participar no torneo da NCAA e Williams anotou 26 puntos en cada un dos partidos clasificatorios pero o seu equipo caeu ante o da Universidade de Kentucky.

Na súa segunda tempada marcou 27.5 puntos por partido. O seu equipo cualificouse para torneo da NCAA e malia Williams marcar 26 puntos o seu equipo caeu na primeira rolda contra o Notre Dame por 108–66. Nos seus dous anos en Austin Peay marcou 1.541, unha media de 28.5 por partido.

Carreira profesional Os Denver Nuggets fixéronse con Williams na primeira rolda do draft ABA de 1974 mais venderon o seu contrato os Spirits of St. Louis. A tempada 1974–75 foi mala para Williams e o seu equipo. Logrou só 9.4 puntos por partido e non xogou a tempada seguinte;(1975–76). Os Philadelphia 76ers selecciárono na novena rolda do draft da NBA de 1976 pero non se chegou a asinar contrato. Williams entón xogou en equipos da CBA e na Liga do Leste.

Notas

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Denver Nuggets Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Nados en Brooklyn