Legend: Legacy of the Dragons é un videoxogo de rol e fantasía creado polo desenvolvedor ruso IT Territory no 2006 e publicado por My.com. A versión en inglés do xogo foi estreada o 6 de novembro de 2007. No 2008, foi adaptado ó mercado alemán por Mail.ru Games GmbH (antigamente coñecido como Astrum Online Entertainment), seguido polas versións turca, polaca, castelá, francesa e italiana. No 2014, xa non foi distribuído por Mail.ru Games GmbH e foi transferido a My.com.

O xogo conta con millóns de xogadores en todo o mundo. En Rusia, o xogo gañou o premio a mellor presenza en Internet ("Premio Runet") varias veces e ten un status de culto pola comunidade xogadora rusa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Videoxogos de 2006 Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Rusia Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de navegador