María Encarnación Amigo Díaz, nada nas Nogais en 1957, é unha médica e política galega do PPdeG.
Traxectoria Estudou a carreira de medicina na Universidade de Santiago de Compostela, anos máis tarde fixo a súa especialidade de reumatoloxía no Hospital Universitario de Buenos Aires. Aprobou as oposicións para o servizo público de medicina e comezou a traballar no hospital Xeral Calde da cidade de Lugo, tras o peche deste hospital seguiu traballando no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo. Foi presidenta da asociación galega de reumatoloxía, e segue sendo membro da sociedade española de reumatoloxía.
Traxectoria política Nas eleccións municipais de 2011 foi elixida concelleira da cidade de Lugo polo Partido Popular, estivo un mandato como concelleira até 2016, cando se presentou para deputada autonómica no parlamento de Galicia e foi elixida.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados nas Nogais Categoría:Nados en 1957 Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes