The Theory of Everything é un filme británico dramático, biográfico e romántico dirixido por James Marsh e adaptado por Anthony McCarten a partir das memorias Travelling to Infinity: My Life with Stephen de Jane Wilde Hawking, que conta a relación co seu exmarido, o físico teórico Stephen Hawking, a súa diagnose de esclerose lateral amiotrófica, e os seus éxitos na física.
Está protagonizado por Eddie Redmayne e Felicity Jones xunto con Charlie Cox, Emily Watson, Simon McBurney, Christian McKay, Harry Lloyd e David Thewlis nos papeis secundarios. O filme tivo a súa estrea internacional no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 7 de setembro de 2014.
Tivo unha boa acollida e foi nomeado a numerosos premios e festivais. A interpretación de Redmayne como Stephen Hawking foi amplamente aclamada, o que lle valeu numerosos premios, entre eles o Oscar ó mellor actor.
Personaxes
Eddie Redmayne como Stephen Hawking Felicity Jones como Jane Hawking Charlie Cox como Jonathan Jones, segundo marido de Jane Emily Watson como Beryl Wilde, nai de Jane Simon McBurney como Frank Hawking, pai de Stephen David Thewlis como Dennis Sciama Maxine Peake como Elaine Mason, segunda muller de Stephen Harry Lloyd como Brian, compañeiro de habitación de Hawking Guy Oliver-Watts como George Wilde, pai de Jane Abigail Cruttenden como Isobel Hawking, nai de Stephen Charlotte Hope como Phillipa Hawking, irmá de Stephen Lucy Chappell como Mary Hawking, irmá de Stephen Christian McKay como Roger Penrose Enzo Cilenti como Kip Thorne Georg Nikoloff como Isaak Markovich Khalatnikov Alice Orr-Ewing como Diana King, irmá de Basil King Stephen Hawking proporciona o seu propio ecualizador da voz Frank Leboeuf como doutor suízo Michael Marcus como Ellis, amigo de Hawking
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por James Marsh Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes sobre matemáticas Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados en Surrey Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes producidos por Eric Fellner Categoría:Filmes producidos por Tim Bevan