José Antonio González-Santelices Cayón, finado en 1936,El Norte de Castilla (consulta: 17-5-2014) foi un político republicano, escritor en lingua castelá, avogado e xornalista español.
Traxectoria Foi redactor durante varios anos do xornal castelán El Norte de Castilla e, máis tarde, redactor xefe. Ocupou o cargo de secretario da Confederación Hidrográfica do Douro.
Foi defensor do labor da Sociedade de Estudos Casteláns, de León Corral y Maestro e Narciso Alonso Cortés, en 1928.Heraldo de Zamora nº 10547, 21 de decembro de 1928, p. 3
En marzo de 1931, con outros republicanos, formou parte da comitiva que se entrevistou co gobernador de Valladolid para pedir "que se concedese rapidamente unha ampla amnistía que comprenda a cantos españois, tantos civís como militares, que estean presos, procesados, condenados ou expatriados por delitos políticos e sociais e, de modo especial, como consecuencia dos sucesos de último decembro; e esixir as responsabilidades oportunas á forza pública polo proceder ante os sucesos estudantís de Madrid, e que se decrete, axiña, a destitución do director xeral de Seguridade Emilio Mola".Artigo en El Norte de Castilla, 29 de marzo de 2011 (consulta: 17-5-2014)
En 1931 militaba en Acción Republicana, partido do que era secretario primeiro en Valladolid.PALOMARES IBÁÑEZ, J. M. (1996): La Segunda República en Valladolid: agrupaciones y partidos políticos. Universidad de Valladolid: Secretariado de Publicaciones e Intercambio Científico, páx. 45. En 1934 era contador do Concello de Valladolid e foi Secretario da Comisión local executiva do V Congreso Nacional de Regas (Valladolid, 1935).V Congreso Nacional de Regas (Valladolid), p. 13
Cofundou e foi membro da Asociación de Escritores Rexionalistas Casteláns en maio de 1936.ABC, 27 de maio de 1936, p. 40
Obras Limiar de El amor y el dolor en la tragicomedia de Calisto y Melibea: (notas al margen de la Celestina) (Valladolid: Imprenta Castellana, 1927), de Teófilo Ortega.
Notas
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1936 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Castela e León