Ludeca, finado en 827, foi rei de Mercia entre 826 e 827.
Traxectoria Ascendeu ao trono tras a morte de Beornwulf durante unha campaña contra Anglia Oriental. Ludeca morreu durante outra campaña contra Anglia Oriental do mesmo xeito que o seu predecesor, sendo sucedido por Wiglaf. Antes do seu reinado, Ludeca aparece mencionado como dux en dous documentos de 824, durante o reinado de BeornwulfFrank Stenton, Anglo Saxon England (1943, 1971, 1998 Oxford paperback), páx. 231, nota 3..
No Museo Fitzwilliam de Cambridge consérvase unha moeda cuñada durante o reinado de Ludeca. Crese que este penique de prata foi cuñado en Ipswich por un tal Waerbeald.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cronoloxía dos reis de Kent, Wessex, Essex e Sussex (en español). The earliest Anglo-Saxon charters (en inglés).
Categoría:Finados en 827 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Reis de Mercia